Manuel Martínez proporá ao pleno construír unha residencia de anciáns na Pontenova

Segundo o deputado non adscrito “o Pleno da Deputación Provincial acordou no ano 2010 a construción na provincia de Lugo dunha rede de centros de atención á terceira idade que incluían centro de día. Programa que tería que ser desenvolvido nos seguintes anos. Posteriormente, no inicio do ano 2016, dentro do mandato do actual Presidente da Deputación Provincial, decídese a inclusión dentro da citada rede de residencias de novas instalacións, concretamente nos Concellos de A Pontenova e Folgoso do Courel”.

O acordo do ano 2010 establecía que a construción e xestión da citada rede faríase por encomenda á Sociedade Urbanística Provincial de Lugo S.A. (SUPLUSA).

Na actualidade os centros encomendados a SUPLUSA, nos concellos de: Castroverde, A Fonsagrada, Ribas de Sil, Navia de Suarna, Pol, Trabada, Meira e Pedrafita, que son dos que se dispuxo de terreos e dos acordos municipais necesarios para a súa execución, “están todos eles rematados e cun alto nivel de acabados como así se recoñeceu nos actos de inauguración”.

A xuízo do deputado que presenta esta moción, “un dos concellos que necesita con urxencia unha dotación social deste tipo, á vista dos datos da súa poboación, é o Concello de A Pontenova, concello que por unhas cousas ou outras e a pesar de tomarse a decisión, no ano 2016, de construír unha residencia, a día de hoxe, máis de tres anos despois nin tan sequera dispón de proxecto técnico”.

Martínez incidiu en que “a decisión de construír unha residencia en A Pontenova e o inicio dos seus trámites coincidiu no tempo coa de Meira, ca diferencia de que a de Meira tíñaa encomendada SUPLUSA e a de A Pontenova aos servizos da Deputación”.

O alcalde de Becerreá subliñou que “máis de tres anos despois a de Meira leva rematada hai un ano e na de A Pontenova nin tan sequera se aprobou o proxecto, con esta situación, estáse a perxudicar gravemente ós veciños de A Pontenova. En aras a que este concello dispoña no prazo mais breve posible dunha residencia de persoas maiores con centro de día e ante á parálise na que entrou dita dotación, e para levala a cabo o antes posible se encomende á Sociedad Urbanística Provincial de Lugo S.A a construción e a xestión da residencia para atención a persoas maiores e centro de día deste Concello”.

 

 

 

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Mariña Rodriguez Ferrer
    Mar 24, 2019 - 11:30 AM

    Que poñan en funcionamento as que están rematadas dende hai anos e ainda abriron senón de nada vale construir.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com