Manuel Martínez: “Suplusa segue a traballar malia aos atrancos dos socialistas”

Martínez declarou que “A Sociedade Urbanística Provincial de Lugo S.A. (SUPLUSA), que promove a Área Industrial de Cospeito, situada no ámbito delimitado nas NNSSMM como Sector Sub P/RI colindante co solo urbano de Feira do Monte, asentándose a ambos os dous lados dun dos accesos da vila, a Estrada de Rábade (LU-111),estase a executar, na actualidade”

O deputado que fundou Galicia Sempre, formación coa que se presentará as próximas eleccións, reitera que Suplusa, a entidade da Deputación de Lugo que el mesmo dirixe, segue a traballar e pon como exemplo as actuacións que a sociedade esta a levar a cabo en Cospeito, “a Fase I, na que xa foi expropiada unha superficie de 104.559m2 por un importe de 190.564,46€,   aprobándose  posteriormente o procedemento de contratación da obra de urbanización, cun orzamento base de licitación de 1.860.564,46€ (I.V.E incluído).  A este procedemento de contratación presentáronse catorce empresas. Mañá, luns 1 de abril,  procederase á apertura das ofertas económicas, para posteriormente adxudicar a obra nos próximos días”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo