Manuel Touceda Souto, novo xefe da comandancia da GC en Lugo

A subdelegada do Goberno recibe ao novo xefe da comandancia da Garda Civil de Lugo

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, recibiu hoxe ao novo coronel da Garda Civil, Manuel Touceda, con quen mantivo unha reunión para abordar as principais liñas de actuación a seguir para o mantemento da seguridade cidadá na provincia.

Rodríguez destacou que Manuel Touceda “será unha peza fundamental á hora de dar resposta ás novas afrontas que atravesa a cidadanía en materia de seguridade”, e aproveitou para poñer en valor “ao equipo de homes e mulleres que forman parte da Garda Civil na provincia, que xa contan cun novo liderado que priorizará en todo momento o benestar e a protección das persoas”.

Traxectoria

Manuel Touceda, nacido no ano 1971, é licenciado en Dereito e ingresa na Academia General Militar de Zaragoza en 1990, prestando servizo ao corpo ao longo de 33 anos, onde estivo destinado nas Comandancias de Tenerife e Pontevedra principalmente.

Durante a súa carreira militar, ocupou os postos de tenente xefe do grupo fiscal antidroga, capitán xefe dos servizos de información da zona de Canarias, comandante xefe de operacións da comandancia de Pontevedra, ou tenente coronel xefe de operacións en Pontevedra.

Participou en 1997 e ao longo dun ano na formación da Policía Nacional Civil en Guatemala con motivo dos “Acuerdos de Paz”, e ostenta multitude de condecoracións, entre as que destacan a cruz de prata orde do mérito da Garda Civil, nove cruces con distintivo branco da orde do mérito da Garda Civil, medalla de Nacións Unidas, cruz ao mérito policial distintivo branco ou medalla da Guarda Nacional de Portugal, entre outras.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com