" />

Mariña Patrimonio organiza unha visita aos bens da cidade de Lugo

Con motivo do Día Internacional do Patrimonio Mundial, Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro 23 de novembro unha saída á cidade de Lugo para coñecer parte do seu patrimonio, concretamente aquel que se atopa fóra da muralla. Como vén sendo habitual neste tipo de actividades organizadas por Mariña Patrimonio, a visita será guiada e contará con actividades que se desenvolverán ao longo do día. Nesta ocasión pola mañá visitaranse os barrios da Ponte e do Carme e, tras unha pausa para o xantar, coñecerase un interesante e enigmático conxunto arqueolóxico que se atopa no lugar de Adai.

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 15 de novembro e todas as persoas que queiran participar nesta actividade poderán obter máis información no blog de Mariña Patrimonio.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo