Martínez apoiase no PP para regular os dereitos dos non adscritos

O Alcalde de Becerreá,  Manuel Martínez, presentou unha moción para regular o grupo dos non adscritos ao que todo parece indicar pertencerá a partir do próximo pleno que os populares apoiaron. A súa vez Martínez apoiou unha do Partido Popular para quitarlle poderes á Xunta de Goberno que xestionan socialistas e nacionalistas para darllas ao Pleno da Deputación.

Nunha sesión tensa na que Martínez chegou a abandonar o seu escano para non votar unha moción sobre Sogama presentada a iniciativa dos nacionalistas relativa á derrogación da suba do canon desta sociedade, posibilitou que dita moción fora aprobada grazas ao voto de calidade do Presidente da Deputación Darío Campos.

O alcalde de Becerreá na explicación aos medios de porque se ausentara declarou que o seu concello xa non paga a Sogama o canon, non coma algún concello do BNG que si o está a facer.

Por outra banda a voceira do Partido Popular, Elena Candia, explicou na súa intervención sobre o recorte de poderes á Xunta de Goberno para“dun acordo de mínimos para empezar a traballar nunha proposta  que consiga superar a debilidade interna que atravesa o bipartito”. O PP ofreceulle a súa colaboración ao resto dos grupos con representación no Pleno para chegar a un acordo por unanimidade. “Nós non temos problema por reunirnos dúas ou tres veces ao mes se é preciso e xa avanzamos que se o temos que facer renunciaremos ás dietas”, engadiu.

Noutra orde de cousas, o Grupo Popular na Deputación de Lugo alcanzou o apoio do Pleno por unanimidade para dotar de fondos o arranxo da estrada de titularidade provincial que une Monforte e Currelos. A estrada presenta na actualidade un firme moi deteriorado que pode chegar a ocasionar graves problemas de seguridade unha vez que abra a apertura do corredor e se incremente a densidade do tráfico, este mesmo venres.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com