Martínez culpa ao goberno provincial de “manobras e chantaxes” que impedirán cobrar aos empregados de Suplusa

O exvicepresidente da Deputación e actual presidente da Sociedade Urbanísitica Provincial (Suplusa), Manuel Martínez, denunciou este luns a imposibilidade de cobro neste mes de xullo dos traballadores da sociedade que él dirixe. Segundo afirmou o deputado, os 29 traballadores do ente asociado á Deputación, non poderán cobrar as súas nóminas debido ás “manobras e chantaxes” do Goberno de Darío Campos.

O presidente da entidade lembrou como a interventora de Suplusa xa presentara a dimisión alegando “razóns persoais”, o que impide, precisamente, o pago aos traballadores. Esta muller mantén as súas funcións noutros entes adscritos á Deputación como o Consorcio de Bombeiros ou a Fundación Tic, polo que Martínez cualificou as actuacións da interventora como “manobras” da Deputación con “presuntas compras e coacciones” ao funcionariado, co único fin, segundo o presidente, de “reventar Suplusa dende dentro”.

Sexa como sexa, segundo afirmou onte Manuel Martínez, tres administrativos, catro persoas contratadas para pór en marcha as residencias da terceira idade e uns 20 xardiñeiros que se ocupan do coidado das áreas verdes, quedarán probablemente sen cobrar este mes de xullo.  Unha cuestión que “intentará” resolver “por todos os medios” o presidente de Suplusa, aunque, dixo, eso conleve “unha nova imputación”, porque “pagarlle a unha persoa polo seu traballo, non pode ser delito”. Asemade, engadiu que “espero que os sindicatos digan algo”.

Para Martínez o “socialarribismo” goberna o ente provincial en busca “só” do “seu beneficio e o resto non lle importa nada”. Así, denunciou o deputado non adscrito que o goberno está a recurrir a “prácticas fascistas” para impedir que hoxe en Pleno se debata unha moción de Martínez para que Suplusa se convirta nunha comercializadora de enerxía e volveu a acusar ao presidente do Executivo de “covardía política” por non ser capaz de asumir que chegou ao cargo “por casualidade, mentindo e sen cumprir os acordos asinados”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo