" />

Martínez está disposto a correr riscos persoais para que cobren os traballadores de SUPLUSA

O Presidente de Suplusa e Alcalde de Becerreá declarou hoxe que está disposto a asinar el mesmo as nóninas para que se lles pague aos traballadores da entidade provincial.

Segundo Martínez o Goberno da Deputación de Lugo incumpre os mandatos do Pleno que instou ao Goberno Provincial a facer un nomeamento para que os traballadores poidan cobrar as súas nóminas.

Partido Popular

O PP ven de emitir un comunicado no que  lle exixe a Campos , ante a publicación no BOP das vacacións do Presidente, que “logo do anuncio da delegación da totalidade de funcións da Presidencia no Vicepresidente da Deputación Provincial de Lugo debido a que o Presidente, Darío Campos, se ausentará da provincia con motivo do período vacacional entre os días 6 e 17 de agosto, o Grupo Provincial Popular esixe que o Presidente da Deputación Provincial de Lugo non se vaia de vacacións ata que os 29 traballadores e traballadoras de SUPLUSA cobren as nóminas que se lle adebedan”.

Darío Campos acusa a PP e ao Deputado non Adscrito de usar aos traballadores como reféns.

Pola súa banda o Presidente da Deputación acusou ao Partido Popular e a Manuel Martínez de utilizar aos traballadores de Suplusa como reféns para chantaxear ao Goberno da Deputación, xa que Suplusa se quere pode pagar as nóminas dos 29 empregados.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo