Martínez informa de que xa recibiu o aviso do Psoe

Manuel Martínez, alcalde de Becerreá e Deputado Provincial, fixo esta maña un comunicado, onde informou que xa recibira o aviso da oficina de correos, onde se lle notifica a decisión que fixo pública no día de onte a dirección federal do Partido Socialista, da súa proposición de expediente de expulsión.

Martínez  comunicou que  “pasarei a recoller o aviso no prazo legalmente establecido para poder exercer a defensa que legalmente me corresponde”.

Martínez terá dez días para presentar as alegacións que considere pertinentes perante a Comisión Federal de Ética e Garantías do Psoe.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo