Martínez pedirá ao pleno que se lle den os dereitos do novo Regulamento Orgánico da institución

O vindeiro martes, o Pazo de San Marcos, acollerá a sesión plenaria deste mes de setembro, e como xa é habitual, os deputados comezan a anunciar algunhas das mocións e preguntas que levarán ao Pleno para a súa aprobación.

Así, o Deputado non Adscrito, Manuel Martínez, pedirá á corporación provincial, que se faga efectivo o Novo Regulamento Orgánico da Deputación, aprobado no último pleno, en xullo e onde se lle recoñecen certos dereitos aos grupos e aos deputados da entidade provincial.

Entre outros dereitos, o artigo ao que fai referencia o deputado becerrense, compromete a dotación dun despacho ou local, un posto de auxiliar administrativo e unha dedicación exclusiva para así “facilitar a labor” do Deputado.

Asemade, Martínez rexistrou numerosas solicitudes e preguntas para o goberno da Deputación que, “pedín e non me contestaron”. Entre elas, o Deputado non Adscrito, solicita un informe de Intervención sobre o custe final da explotación dos Catamaráns da Deputación en 2016 e 2017 e a consulta do proxecto de prezos de servizo dos Centros de Día de Trabada, Pol, A Fonsagrada, Pedrafita e Ribas de Sil.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo