Masiva manifestación feminista en Lugo

Milleiros de persoas acudiron está mañá en Lugo á manifestación convocada pola plataforma galega 8 M. Esta plataforma agrupa a diversos colectivos feministas galegos, que hoxe se manifestaron baixo o lema: “Por todas as mulleres, por todos os dereitos, revolta feminista”.

A manifestación comezou con algo de retraso por mor da masiva asistencia á mesma e percorreu diferentes rúas da cidade. Dende pasadas as doce da mañá, a mobilización  que saíu dende diante do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, foi desprazándose  pola Ronda da Muralla ata a rúa Montevideo, para seguir pola Praza de Santo Domingo, Rúa do Teatro, e de novo á Ronda da Muralla para rematar na Praza Horta do Seminario.

Nesta praza leuse o manifesto, no que se denunciou toda forma de explotación contra das mulleres, e fíxose  un chamamento para que  a xornada do día 8  teña un seguimento masivo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com