Medio Ambiente autoriza o arranxo en Castro de Rei da antiga escola de Mondriz

A Consellería de Medio Ambiente,Territorio e Infraestruturas, a traveso da Secretaría xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, vén de autorizar ao Concello lucense de Castro de Rei, o arranxo do local da antiga escola de Mondriz, concretamente no lugar de Eixavedra-Mondariz, e que deberá empregarse para uso veciñal o que redundará na calidade de vida dos habitantes deste municipio.

A autorización queda restrinxida á edificación tal como consta no proxecto técnico e con exclusión do resto das edificacións que podan estar ubicadas na parcela. Ao estar en solo rústico prohíbese a demolición das construcións con especial valor arquitectónico, histórico ou etnográfico.

Doutra banda, deberanse obter as licencias municipais e demais autorizacións e informes perceptivos segundo o disposto na lexislación sectorial que sexa de aplicación. Nomeadamente, deberá obterse o permiso do organismo titular da estrada N-640.

Este municipio da provincia de Lugo solicitou a autorización da Xunta en solo rústico para o arranxo do local da antiga escola de Mondriz, e para elo xa redactara o proxecto coa documentación necesaria para que se puidera verificar o cumprimento das condicións establecidas pola Lei de Ordenación Urbanística de Galicia (LOUG) para autorización en solo rústico.

O que se pretende coa rehabilitación é a recuperación da edificación tradicional existente mediante o arranxo da cuberta, apertura de varios ocos, o acondicionamento interior e exterior; a reparación e e colocación de novas carpinterías, rexuntado de pedra da fachada e nova foxa séptica e reforzo de pozo de auga. A parcela conta cunha superficie de 6.584 metros cadrados.

Hai que sinalar que o Concello de Castro de Rei carece de planeamento xeral, contando só cunha delimitación de solo urbano aprobada no ano 1977, polo que é de aplicación o réxime establecido na disposición transitoria primeira da LOUG.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo