Medio Ambiente busca a concienciación na reciclaxe diaria

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio márcase o obxectivo de que os galegos interioricen a separación e reciclaxe de envases no seu día a día. Así o trasladou esta mañá a directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Cruz Ferreira Costa, durante a presentación de novas accións de rúa da iniciativa Recicla, respira e supérate. Únete ao reto, impulsada pola Xunta de Galicia en colaboración con Ecoembes, co fin de fomentar a reciclaxe de envases lixeiros nun total de 15 concellos pola vía da concienciación e mediante diversas accións de impacto na rúa.

Así, dende hoxe varios técnicos medio ambientais percorrerán as rúas dos 15 concellos participantes para que melloren polo menos nun 10% a porcentaxe das achegas que fixeron ao contedor amarelo (envases de plástico, latas e bricks) no mesmo período do ano anterior.

Explicou que se nos tres meses que dura a campaña os concellos son capaces de incrementar esa porcentaxe, tendo en conta os datos do mesmo período do ano anterior,  recibirán como recompensa 2.000 euros, unha cantidade que poderán destinar á causa social que elixan.

A directora recordou que se trata dunha primeira fase de carácter “experimental” e agradeceu a colaboración dos concellos de Santiago, Ferrol, Narón, Ribeira, Boiro, Lugo, Monforte, Viveiro, Vilalba, Ourense, O Barco, Pontevedra, Vilagarcía, Redondela e Marín; que foron escollidos tras analizar as zonas nas que a campaña tería un maior impacto e pola súa representatividade, xa que en total suman preto de 700.000 habitantes.

Explicou que ademais da acción de rúa presentada esta mañá, tamén se fixeron outra serie de actuacións que buscan comprometer á cidadanía na mellora das taxas de reciclaxe de envases lixeiros nos seus respectivos concellos, como a instalación temporal dun contedor xigante amarelo nun lugar público e visible, a iluminación de edificios singulares dos concellos ou a realización de graffitis no chan mediante unha técnica non agresiva que permite que a pintura desapareza ao cabo dunhas semanas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com