Cabinas Sanitarias

Medio Ambiente do Concello de Lugo instala 11 novas cabinas sanitarias

A área que dirixe Álvaro Santos duplica deste xeito as dotacións existentes na cidade de Lugo co ánimo de mellorar as prestacións a disposición, especialmente, daquelas persoas que se ven na obriga de manter a súa actividade laboral durante o confinamento.

Medio Ambiente instalou once novas cabinas sanitarias en distintos puntos da cidade, sete delas, todas as que se atopaban dispoñibles no mercado, adaptadas a persoas con mobilidade reducida. “Trátase de colaborar tanto coas e cos traballadores que se ven na obriga de manter a súa actividade a pé de rúa, como poden ser os efectivos dos corpos e forzas de seguridade, os operarios da limpeza urbana, repartidores de paquetería, taxistas, etc. Asemade tamén para ofrecer un servizo a toda a cidadanía que, polas excepcións permitidas, teñen que saír dos seus domicilios”, indicou Álvaro Santos.

As instalacións adquiridas agora súmanse, así, á decena de aseos que o Concello mantiña habilitados, con carácter continuado, noutros puntos da capital, ademais do autolimpable ubicado no Parque Rosalía de Castro e cos que se pretende dar cobertura ao maior número de zonas posible.

O concelleiro sinalou tamén que “estas 11 cabinas permanecerán dispoñibles, alomenos, até o 30 de abril deste ano e serán aseadas e desinfectadas, tanto interior como exteriormente, dúas veces ao día cunha unidade móbil que fará unha limpeza con vapor, chorro a presión e reposición de tódolos materiais que contén como auga, xabón, papel hixiénico e mesmo ambientador”. Santos Ramos fixo tamén un chamamento á veciñanza para o uso responsable destas dotacións, “xa que, mantelas en bo estado será a mellor colaboración posible con aquelas persoas que precisan deste servizo cando, cada día, tentan axudarnos a superar

“Cando as empreguemos debemos lembrar que temos que deixala como nos gustaría atopala a nós”, concluíu o responsable de Medio Ambiente.

A situación das cabinas na cidade están :

CABINAS SANITARIAS SERVIZOS ESENCIAIS (NOVA INSTALACIÓN)

Garabolos (Avda. da Coruña/Angelo Colocci), para mobilidade reducida, si.

Praza do Rei, para mobilidade reducida, si.

Praza de Ferrol, para mobilidade reducida, si.

Praza Maior, para mobilidade reducida, si.

Praza Horta do Seminario, para mobilidade reducida, si.

Praza Auga Férreas, para mobilidade reducida, si.

Convivencia Fingoi , para mobilidade reducida, si.

Praza da Milagrosa, para mobilidade reducida, non.

Praza do Castiñeiro , para mobilidade reducida, non.

Ronda Fontiñas (ascensor), para mobilidade reducida, non.

Otero Pedrayo, para mobilidade reducida, non.

CABINAS PARQUES E XARDÍNS (FIXAS)

Fonte dos Ranchos, para mobilidade reducida, si.

Parque de Marcos Cela para mobilidade reducida, si.

Parque de Frigsa , para mobilidade reducida, si.

Montirón (local social), para mobilidade reducida, si.

Parque do Miño (pasarela) para mobilidade reducida, si.

Parque do Miño (Ponte Romana), para mobilidade reducida, si.

Parque do Miño (Restaurante O Muiño , para mobilidade reducida, non.

Parque do Miño (Ponte Romana), para mobilidade reducida, non.

Carballeira (Fábrica da Luz), para mobilidade reducida, non.

Parque do Sagrado Corazón, para mobilidade reducida, non.

BAÑO PÚBLICO AUTOLIMPABLE PARQUE ROSALÍA DE CASTRO (FIXO)

 

 

 

 

 

 

 

.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com