Medio Ambiente inicia a venda de solo empresarial de Xestur cunha bonificación global que suma 28M€

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda inicia hoxe a venta de máis de 750.000 m² de solo empresarial de Xestur, que se poden adquirir cun desconto no prezo de saída de 28 millóns de euros. Así o recordou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, que esta mañá visitou o Parque empresarial de Bértoa; onde explicou que -tal e como avanzou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o pasado xoves na rolda de prensa tras o Consello da Xunta– esta superficie está repartida en 17 parques empresariais en distintos concellos galegos.

A conselleira recordou que, ademais do prezo bonificado destas parcelas sobre as que se desconta un 30 ou 50%, os interesados tamén teñen a opción de adquirir dito solo en dereito de superficie, ás que se establece un canon anual dun 1,5 do prezo da parcela sen bonificar os dous primeiros anos; un 2,5% as dúas seguintes anualidades; e un 3,5% no quinto ano e seguintes.

Vázquez Mejuto explicou que esta liña de incentivos foi posta en marcha polo actual Goberno dende 2015, e dende esa data a Xunta adxudicou máis de 2 millóns de metros cadrados de solo empresarial a prezo bonificado en réxime de compra venta, o que permitiu un aforro de máis de 65 millóns de euros aos adquirentes desta superficie empresarial.

De feito, o 2019 foi o ano no que máis solo se vendeu (629.722,83 m²), superando os 600.000 adxudicados en 2017 -a maior cifra desde a posta en marcha dos incentivos por venta de solo- e incrementando nun 65% a cifra de solo vendido no exercicio anterior (380.728,22 en 2018).

Asemade, Ángeles Vázquez lembrou que o Instituto Galego de Vivenda e Solo ten dispoñible para a venta case 340.000 m²; polo que a cifra total de solo empresarial dispoñible supera o 1,2 millóns de metros cadrados.

Na provincia de Lugo, a Xunta dispón de 31 parcelas ubicadas nos parques industriais de As Gándaras, na capital, con 4 parcelas que suman un total de 33.606 m²; o de Viveiro con 12 parcelas de 35.689 m² en total e en Cervo, onde as 15 parcelas dispoñibles constitúen un total de 27.843 m².

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com