Medio Ambiente intensifica os operativos específicos de limpeza da cidade cun aseo exhaustivo de prazas e beirarrúas

A área de Medio Ambiente está a intensificar, dende que comezou o ano, os operativo específicos de limpeza da cidade levando a cabo, tamén, un aseo exhaustivo de beirarrúas e prazas.

O dispositivo, composto por dúas brigadas, provistas de material suficiente ás que se dotou de hidrolimpadoras e fregadoras, están a acometer o lavado a alta presión do pavimento, para retirar a sucidade incrustada, ao tempo que se eliminan pintadas e malas herbas.

“Até o momento, os operarios executaron o acondicionamento das rúas Vilalba, Narciso Peinado, Menorca, López Guntín, Carril dos Loureiros e da praza do Camiño Primitivo, estando previsto que nos próximos días se centren no Casco Histórico, especialmente na contorna da Catedral ou no treito peonil da Rolda da Muralla para desprazarse, a continuación, á Praza do Castiñeiro”, explicou o concelleiro titular  da área.

O edil destacou que “se trata dunha intervención que se suma ás campañas especiais de limpeza que se desenvolven de xeito específico polos diferentes barrios da capital e coas que dende o Executivo pretendemos reforzar o coidado e mantemento ordinario do municipio. Un esforzo que se manterá até que entre en vigor o novo contrato – adxudicado esta mesma semana – para o servizo onde xa se contempla un incremento non só das dotacións, se non tamén do persoal e dos labores que inclúe. O que, á súa vez, redundará na imaxe xeral que ofrece Lugo e na súa habitabilidade e confort para a veciñanza”, concluíu o edil de Medio Ambiente.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com