Medio Ambiente invertirá 11,4 millóns de eurosna mellora do saneamento de Monforte

O Ministerio de Agricultura, Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, a través da Confederación Hidrográfica Miño Sil formalizou esta mañá o convenio de colaboración coa Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Monforte para o financiamento e execución de distintas obras de saneamento no núcleo urbán de Monforte. Así o asinaron esta mañá o Presidente da Confederación Hidrográfica, Francisco Marín, o Delegado de Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, o Presidente da Deputación, Darío Campos e o Alcalde da localidade Monfortina, José Tomé.

Francisco Marín destacou a colaboración entre administracións como un feito positivo á hora de sacar a diante este proxecto que reducirá a contaminación do Río Cabe seguindo unhas actuacións definidas polo propio Concello. Pola súa banda, o alcalde de Monforte explicou máis polo miúdo os problemas de saneamento que presenta o Concello e que conlevou non só contaminación no río senón tamén grandes sancións económicas.

As actuacións a levar a cabo no marco do convenio consistirán na eliminación de infiltracións e aportacións incontroladas de auga de escorrentía nunha serie de colectores da rede secundaria de saneamento no núcleo urbán; estas actuacións forman parte do programa de Reducción da Contaminación redactado polo Concello de Monforte de Lemos, a petición do Organismo de conca, para cumprir coa normativa.

Para levar a cabo estas actuacións actuarase na renovación da rede existente mediante rehabilitación ou sustitución de tuberías e pozos de rexistro, en función do grao de conservación destes elementos, intervindo nos lugares detectados nos estudos xa realizados pola Xunta de Galicia.

A inversión total prevista no convenio ascende a 1,4 millóns de euros sufragados nun 35.7% polo Ministerio, a través da Confederación Hidrográfica, o mesmo porcentaxe pola Deputación e un 28,5% restante polo propio Concello.

Campos Conde destacou que “a nosa colaboración enmárcase dentro da aposta do Goberno por unha Deputación social, rural e coas persoas; e defendeu que as administracións públicas teñen que traballar da man para solucionar os problemas que teñen os cidadáns. Grazas á colaboración do Goberno da Deputación, o Concello poderá mellora as súas dotacións municipais, ademais de mellorar o servizo de saneamento de todo o Concello”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com