Medio Ambiente traballa na resolución da incidencia detectada na rede de saneamento en Mar Cantábrico

O edil de Medio Ambiente, Álvaro Santos, acompañado pola enxeñeira municipal e por persoal de Urbaser, acudía este mediodía á rúa Mar Cantábrico para avaliar a situación na que se atopan as canalizacións públicas da zona coa fin de poder determinar onde se atopa o foco dunha incidencia que, de forma recorrente, provoca pequenos asolagamentos nun inmoble desta vía.

“Logo de recibir esta semana un aviso de que o garaxe dun edificio estaba a sufrir unha inundación e inmediatamente o servizo de limpeza prodeceu a desatascar a tubaxe e a limpala. Aínda que a dedución inicial foi que a vía de auga procedía dunha instalación eléctrica, a periodicidade coa que se repite esta avaría nos levou a pensar que a  orixe pode estar na rede de saneamento, polo que hoxe procedemos á súa revisión”, explicou o concelleiro.

Álvaro Santos indicou que nos próximos días se levarán a cabo probas con auga para determinar definitivamente cal é a razón pola que se producen as filtracións.

“O que nos atopamos hoxe foi coa existencia dun fluxo de auga entre a canalización municipal e a de Begasa que ten lugar cando non funciona adecuadamente o saneamento debido a algún atranco. ¿E por que se obstrúe? Pois porque atopamos nel elementos impropios como panos, calzado, etc. Por iso, independentemente do chamamento que temos que facer á cidadanía para que evite arroxar obxectos que non se corresponden coa finalidade que teñen estas conducións, queremos evitar as consecuencias nas que derivan estes atoamentos, de xeito que, nos próximos días, procederemos a coordinar a todos os servizos precisos, como a Policía Local – para que regule o tráfico durante a intervención – aos técnicos de Enxeñería e tamén á brigada de limpeza e á compañía eléctrica, para determinar as causas desta problemática e buscarlle unha solución definitiva”, concluíu o responsable de Medio Ambiente.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Carlos Fernandez Peleteiro
    Nov 07, 2019 - 11:21 PM

    Caralho, e fai falta que vayan dar fe o concelleiro o inxeneiro, e mirade se os falta algún. Logo que é que non se ve o garaxe anegado cando chove. Menudo xeito de pasar o tempo. O que hai e que aranxalo

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo