Medio millar de veciños da Montaña continuaban sen electricidade esta mañá

Centos de veciños da montaña continuaba esta mañá sen luz a causa do temporal de neve que, pese a que a choiva está axudando a alixeirar os efectos, tivo gran incidencia durante a fin de semana. En total, a compañía antes coñecida como Gas Natural informou que, en torno a 400 clientes, continuaban sen servizo eléctrico en Becerreá, Triacastela e O Corgo, en gran parte por caídas de árbores sobre o tendido eléctrico e algúns cables danados pola acumulación de neve.

Por outra banda, a  compañía Viesgo contabilizaba a primeira hora desta mañá uns 135 clientes sen suministro en Meira e na Fonsagrada. Os operarios desta compañía atoparon dificultades para avanzar e chegar as liñas danadas polo temporal. Unha situación que a esta hora está solucionada, grazas aos máis de 120 operarios que traballan tanto na zona como en atención ao cliente e no centro de control da compañía.

Neste senso, o alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, sentíase preocupado esta mañá pola situación que mantiñan as eléctricas tras tres días sen luz en moitas das casas da localidade. “Esta mañá Gas Natural todavía tiña varias vilas de Becerreá sen luz, os veciños están enfadados e é que estamos falando de economías familiares. Básicamente, teñen un conxelador, cos medios para comer durante bastante tempo; os que teñen ganado e incluso bombeo para darlle de comer ao ganado, e que levan tres días sen luz; cos prexuízos que elo ocasiona”, explicaba o becerrense que denunciaba tamén que Gas Natural “colle o teléfono cando lle parece” ante a insistencia do concello para que a compañía solucionase as distintas avarías.

Pola súa banda, Argelio Fernández Queipo, alcalde da Fonsagrada e Vicepresidente da Deputación aseguraba que, pese a que a chuvia axudaba a aliviar as incidencias, os operarios da Deputación así como os da Xunta e os do Concello traballaban arreo para limpar as estradas de neve e árbores, unha tarefa que “temos para bastantes días”. “É imposible retirar todo de golpe, cada 50 metros temos unha árbore; de momento habilitouse o paso e estamos con traballo sistemático para poder librar as estradas o máis rapido posible”. 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com