" />

Medio Rural aposta por estratexias sostibles para xestionar o potencial forestal

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, clausurou hoxe a asemblea xeral extraordinaria que celebrou no edificio da Xunta a Asociación de Empresarios da 1ª Transformación da Madeira de Lugo. Balseiro salientou que Galicia, e concretamente a provincia de Lugo, “é unha potencia forestal e temos que saber xestionar esa oportunidade dende o punto de vista económico e social e dende estratexias sostibles”, que sexan garantía de futuro.

O delegado salientou que a Consellería do Medio Rural fixou “como unha das súas apostas estratéxicas o apoio ao potencial forestal” da comunidade, “o que implica tamén saber afrontar os retos”, engadiu o delegado. O conselleiro do Medio Rural, José González Vázquez, sumouse posteriormente á xuntanza da asociación.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo