" />

Medioambiente adxudica por 260.000 euros as obras do punto limpo en Outeiro de Rei

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de adxudicar as obras de construción do punto limpo do Concello de Outeiro de Rei, por un importe de 262.666 euros. Este contrato foi adxudicado á empresa Abeconsa SLU, cun prazo de execución de case tres meses; polo que as obras poderán estar rematadas neste mesmo ano.

O futuro punto limpo de Outeiro de Rei permitirá realizar a xestión de residuos sólidos urbanos ou domésticos que requiran dunha xestión específica polo seu tamaño, natureza ou perigosidade. A parcela na que estará situada a instalación está situada na parroquia de Matela dunha extensión de case 7.000 m2 e que na actualidade se dedica ao depósito de plásticos agrícolas.

Entre os obxectivos fundamentais desta infraestrutura, atópanse os de separar os residuos xerados nos fogares que representen un risco para o ambiente ou a saúde; evitar a vertedura incontrolada de entullos e residuos voluminosos como mobles ou electrodomésticos; e facilitar a recuperación dos recursos contidos nos residuos para a súa reciclaxe. Estas actuacións enmárcanse no desenvolvemento do Plan de xestión de residuos urbanos de Galicia 2010-2020.

As obras que se van executar para a construción do punto limpo centraranse no movemento de terras; urbanización e axardinamento; colocación das instalacións xerais; a construción da oficina de recepción, almacén de residuos especiais e depósito para residuos de aparellos eléctricos. Tamén se procederá a executar o peche e as portas de acceso, así como os contedores e sinalización.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo