Méndez reúnese con Almuíña para traballar no proxecto do Vello Xeral

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, mantiveron esta mañá en Santiago de Compostela unha reunión, solicitada en xullo pola rexedora, co fin de abordar conxuntamente o convenio de colaboración entre ambas institucións para o desenvolvemento do proxecto anunciado pola Xunta para o complexo do Vello Xeral co fin de dinamizar o barrio da Residencia tras a apertura do HULA fai case sete anos.

Trátase do primeiro encontro de traballo entre a Alcaldesa e o Conselleiro sobre este asunto, unha toma de contacto inicial sobre os compromisos que haberán de adquirir ambas partes, Administración autonómica e local, para sacar adiante o proxecto, e tras a que quedaron emprazados a novas xuntanzas. Lara Méndez cualificou de positiva a reunión, subliñando que ter mantido este encontro con Vázquez Almuíña antes de que a Consellería lle enviara ao Concello un borrador de convenio –tal e como fixo no mes de xullo- tivera sido “a forma máis lóxica e sinxela” de iniciar os contactos entre ambas administracións de cara a artellar unha colaboración para sacar adiante o proxecto da Residencia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com