Mesa redonda sobre a urbanización das fontes do Rato

O acto celebraráse ás 19:30 horas no salón de actos da Escola Politécnica Superior (EPS) do Campus de Lugo e contará coa participación de Carmen Figueiras, presidenta da Delegación de Lugo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, e Emilio Carral, profesor e investigador da Universidade de Santiago de Compostela na área de Ecoloxía.

A mesa redonda enmárcase na campaña de ADEGA «Río Rato sen cemento», coa que a asociación está a denunciar os impactos do Plan Parcial do sector S-5.I, que prevé “a transformación urbanística dunha contorna de gran valor ambiental na cabeceira do río. Un espazo no que sobreviven nacentes, regatos, zonas húmidas e formacións de bosque autóctono que desempeñan funcións fundamentais para a conservación da biodiversidade e a regulación hídrica”.

Con esta iniciativa, ADEGA quere favorecer o debate público e achegar argumentos desde a arquitectura e a ecoloxía sobre un proxecto que considera incompatible coa conservación dun enclave natural de especial relevancia para Lugo

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com