" />

Miguel Fernández anuncia o inicio, o próximo mércores, do plan de roza no rural

O tenente de alcaldesa e responsable da área de Cohesión Territorial, Miguel Fernández, informou hoxe de que, o vindeiro mércores, dará comezo o plan de roza no rural.

Será de forma simultánea en catro parroquias, en concreto en Orbazai, Tirimol, Bosende e Piúgos para, a continuación, trasladarse a zonas limítrofes ata completar a totalidade dos núcleos”, indicou o concelleiro.

As tarefas consistirán na limpeza mecánica e manual da maleza polas dúas marxes da vía, alcanzando a paseos, gabias e noiros contiguos, ben en terraplén ou en desmonte e incluso as pólas das árbores ata obter un gálibo libre que permita circular con seguridade polas estradas ou camiños”, explicou Fernández ao tempo que lembrou que a altura máxima de calquera tipo de vexetación, despois da sega, non deberá superar nunca os sete centímetros. “Así mesmo, tamén se acondicionarán os campos da festa, explanadas ou prazas que sexan públicas”.

O tenente de alcaldesa sinalou que os labores se completan coa roza de camiños e pistas forestais, “que se realiza durante todo o ano con maquinaria do Parque Móbil municipal, de maneira que non só tratamos de mellorar as comunicacións viarias e a comodidade das e dos condutores, senón que tamén contribuímos a previr incendios”.

O edil recordou que o investimento do Concello neste plan de roza alcanza os 107.064 euros “cos que, en definitiva, pretendemos mellorar a calidade de vida da veciñanza que reside no rural”, concluíu.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo