A Comisión Executiva da asociación de concellos Eixo Atlántico, que se celebrou esta mañá no salón de plenos do Concello de Lugo, elixiu ao alcalde lucense, Miguel Fernández, como presidente de dita asociación para os dous próximos anos. Fernández substitúe no cargo a Luís Nobre, alcalde de Viana do Castelo, quen pasará a desempeñar o cargo de vicepresidente.
Unha vez nomeado presidente do Eixo Atlántico, o rexedor lucense, fixo fincapé no “orgullo que supón para Lugo representar a tantos municipios e territorios, aos que nos unen lingua, cultura, patrimonio, ideosincrasia, e por suposto retos de futuro e moitísimas posibilidades de avanzar e progresar”.
Ademais da elección do novo presidente, a Comisión Executiva do Eixo Atlántico aprobou o orzamento para o vindeiro ano, así como o informe de xestión do presidente e a programación correspondentes a 2026. Un ano no que, entre outras iniciativas e proxectos, figura crear un Consello Estratéxico integrado por persoas que tiveron unha participación relevante na vida da asociación.
Á reunión asistiron rexedoras e rexedores de Lugo, O Barco de Valdeorras, Monforte de Lemos e Pontevedra da banda galega e pola delegación portuguesa, acudiron os representantes de viana do castelo, Guimarães, Amarante, Mirandela, Bragança e Santa María da Feira.




