" />

Ministerio televisivo

Á televisión ténselle chamado “caixa tonta”, xeneralizando o escaso nivel de contidos, con excepcións notables, de xeito que aínda con ducias de canles, os televidentes cun certo nivel de esixencia teñen dificultade para atopar algún programa que entreteña sen molestar sensibilidades.

Neste desconfinamiento no que imos recuperando hábitos normais, os martes á noite suspendo calquera actividade para ver na 1 “El Ministerio del tiempo”, do mellor que teño visto na televisión, opinión na que parecen coincidir nos países aos que se exportou, entre eles China, aínda que pareza difícil que ali comprendan as sutilezas desta serie que rompe esquemas e barreiras, mesmo as do tempo.

Mesturando ciencia-ficción, historia e humor intelixente e provocador, velaquí un Ministerio especial que os gobernos españois terían no maior dos segredos, que corrixe as desviacións que se aprecien no decurso do tempo, para que a historia de España se manteña e non se altere a actualidade, a vida, deste país.

Cun especial despliegue de medios, ambientacións históricas admirables, magnífico reparto de actores, e unhas portas do tempo que permiten acceder no presente á nosa historia, este ministerio é unha intelixente toleada que provoca curiosidade, empatía e quen a contempla queda atrapado irremisiblemente.

Eu, que utilizo a tele como son de fondo para traballar, con atención puntual a temas moi especiais, teño dúas series de culto –“Estoy vivo” e “El Ministerio del tiempo”-, que pasarán á historia da TV, e polo tanto á nosa historia. Cando as vexo, coido que os que falan da “caixa tonta” deberían pensalo dúas veces.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo