" />

Minuto de silencio en repulsa polo atentado terrorista de Londres

Membros da Corporación municipal, coa Alcaldesa, Lara Méndez, á fronte, xunto a representantes da Deputación de Lugo e da Universidade, gardaron este xoves un minuto de silencio diante da casa consistorial en repulsa polo atentado terrorista perpetrado onte en Londres, xunto ao Parlamento británico, e en solidariedade coas familias das vítimas mortais e feridos.

Asemade, funcionarios e persoal da Administración Periférica do Estado tamén gardaron este mediodía diante da sede da Subdelegación do Goberno en Lugo, un minuto de silencio en repulsa ao atentado e en lembranza das vítimas. Como mostra da dor, as bandeiras do edificio ondearán a media asta ata as 9:00 horas do vindeiro sábado 25 de marzo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo