" />

Mobilidade e Infraestruturas acondiciona pistas en Castelo de Arriba

O responsable da área de Mobilidade e Infraestruturas do Concello de Lugo no día de hoxe Castelo de Arriba, onde se veñen de rematar os traballos de asfaltado de varias pistas. En total contouse cunha inversión de 12.628,55€, que serviron para a limpeza das cunetas e o asfaltado, xunto coa adaptación dos sumidoiros e a colocación da sinalización, que se realizarán nos próximos días.

Rubén Arroxo sinalou “estamos actuando en zonas nas que foi moitos anos que non se fan intervencións para mellorar a calidade de vida das  veciñas e veciños, que agradecen moito que dende o concello se lles teña en conta”.

Con esta intervención, a Área de Infraestruturas mellora a calidade de vida e o benestar da veciñanza da contorna. Segundo o edil de infraestruturas, “continuaremos a traballar para activar Lugo e conseguir un concello amable coas persoas”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo