Monedero arroupa á candidata de Podemos-Esquerda Unida en Lugo

Esta tarde membros da candidatura Podemos-Esquerda Unida en Lugo, entre as que se encontraba Chus Rodríguez e Ximena Cheda e  xunto con Juan Carlos Monedero, que chegaba a Lugo para apoiar á coalición, visitaron varios barrios de Lugo e tamén ás familiares do dobre crime do Ceao.

Aproveitando a visita a Lugo de Juan Carlos Monedero, quixeron achegarse a “un dos moitos barrios abandonados, tanto polas políticas de cemento e formigón do Concello, como por parte da Xunta de Galicia”. Segundo Chus Rodríguez “o barrio da Residencia é un dos barrios simbólicos que pasou de estar cheo de vida, negocio e pequeno comercio, a ver como tiñan que pecharse os comercios de barrio ao terse derruído o antigo Hospital Xeral e trasladarse todos os servizos sanitarios ao HULA e, aínda a día de hoxe, e logo de varios anos, seguimos a agardar que se lle dea un uso a este espazo e poder recuperar a vida deste barrio, mentres se segue a especular a golpe de ladrillo, anunciando o Concello hoxe mesmo (a catro días das eleccións) o desbloqueo (despois de anos parado) do impulso dunha nova unidade urbanística moi preto, na Cheda (xunto con outra na Duquesa de Lugo)”.

Rodríguez subliñou que, “a nosa aposta segue a pasar por cubrir os baleiros urbanos e darlle vida e compactación á cidade e non construír máis vivenda e especular, por parcelas e interese de determinados construtores”. Nesta visita, a candidata da Coalición, quixo que Juan Carlos Monedero, un dos fundadores de Podemos e actualmente director do Instituto República y Democracia, mantivera un encontro coas familiares das vítimas do dobre crime do Cash Record, do que hai uns días cumpríanse 29 anos. Rodríguez, incidiu “na necesidade de que haxa moitas persoas máis, como Isabel.

Posteriormente percorreron outras rúas ata chegar ao casco histórico, onde mantiveron encontros e conversas con múltiples veciñas e veciños que se achegaron ao seu encontro.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com