" />

Monforte acolle a carreira inaugural do Correlingua 2017 para fomentar o uso do galego

O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, acompañado pola Concelleira de Cultura, Carmen Basadre Vázquez, presentou este martes o Correlingua 2017, un evento de promoción do uso do galego dirixido ao alumnado de ESO e Bacharelato menor de 20 anos, que se celebra nos centros educativos de toda Galicia.

En total, mobilizará no mes de maio a máis de 4.000 estudantes da provincia de Lugo e conta cunha achega de 15.000 euros do Goberno provincial.

Vidal Baamonde subliñou que “Monforte acollerá hoxe a carreira inaugural do Correlingua 2017, con 8 centros da comarca inscritos e 450 alumnos participantes. Con esta iniciativa Deputación e Concello traballan e suman esforzos en prol da lingua galega, como elemento diferencial da cultura.  O Deputado asegurou que o galego está máis vivo que nunca e que depende de todos que non morra.

A programación do Correlingua 2017 incluíu un certame, que recoñeceu os mellores traballos escolares nas modalidades de “manifesto”, “vídeo” e “banda deseñada”. Ademais do mencionado concurso, inclúe festas e unha gran carreira que se celebrará dende hoxe e ata o 16 de maio nas diferentes vilas. Nos Concellos da provincia xa se inscribiron ata o momento 43 centros e máis de 4.000 estudantes.

O xoves, 4 de maio, será a quenda do Correlingua de Lugo, que rexistrou a inscrición de 17 centros e máis de 1.500 alumnos. E finalmente, o 9 de maio celebrarase o Correlingua en Viveiro, para o que hai apuntados 18 centros da mariña e máis de 2.000 rapaces e rapazas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo