Monterroso aproba unha iniciativa para pór en marcha os servizos sociais do Concello

Os socialistas de Monterroso avanzaron hoxe que o Pleno aprobou por unanimidade unha iniciativa socialista para a reactivación e posta en marcha dos servizos sociais do Concello.

“Sabemos que son tempos moi difíciles para as familias que contan con dependentes nas súas casas, por iso nos parece fundamental poñer de novo en marcha este servicio esencial no eido dos servicios sociais da nosa vila”, avanzou Rafael García. Hai que lembrar que o Concello tiña pechado durante esta época o Centro de Día, o SAF con redución de horas para atención aos usuarios e a vivenda municipal segue sen ningún tramite para convertela en fogar residencial.

Nesta mesma sesión plenaria, celebrada onte (martes día 23) vía telemática, o Grupo Socialista de Monterroso defendeu outra proposta para demandar ao Goberno de Feijóo un incremento das axudas económicas para o Concello polo servizo de axuda no fogar, actualizando as achegas que levan conxeladas dende o 2012, e eliminando o copago dos usuarios. “Queremos puntualizar que esta proposta tamén saíu adiante, pero lamentablemente Goberno Municipal abstívose, polo tanto, terán que explicarlles aos cidadáns porque non queren máis recursos económicos para o noso Concello”, lamentou.

Reparos de intervención

O Grupo Socialista de Monterroso tamén se referiu aos dous decretos da alcaldía polo levantamento de dous reparos á legalidade do Servizo de Intervención municipal. Concretamente os reparos son “pola adquisición de carburantes a unha empresa que non tiña contrato de servizos en vigor co concello”. E o segundo reparo esta relacionado “co concurso de “Decoración de escaparates de Nadal”, facendo os pagos dos correspondentes premios co levantamento dun reparo debido a ausencia de expediente administrativo, falla de bases reguladoras, falla de aprobación das mesmas, falla do nomeamento do xurado (no seu caso), etc, vulnerando a lexislación vixente”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com