" />

Morre un home en Baralla ao quedar atrapado debaixo dun castiñeiro

Un home que traballaba nunha leira co seu tractor, en Baralla, faleceu despois de quedar atrapado debaixo dun castiñeiro. Os feitos tiveron lugar nunha propiedade da vítima, en Vilartelín.

Unha persoa particular chamou ao 112 Galicia ás 19:20 horas de onte para dar a voz de alarma. Outra persoa tamén se puxo en contacto coa central de emerxencias para indicar que o varón, que faltaba da casa dende a mañá, aparecera sentado no seu propio tractor, coa árbore enriba del.

Con estes datos, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112  alertou ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Sarria, ao GES de Becerreá e á Garda Civil.

Os efectivos sanitarios desprazados á zona só puideron confirmar a morte do home.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo