Morre un home en Pantón ao quedar atrapado dentro dunha empacadora

Un home faleceu a última hora da tarde de onte en Pontón nun accidente cunha máquina agrícola. O corpo da vítima foi localizado no interior dunha empacadora. Os feitos aconteceron nunha leira propiedade do home, situada no lugar de Castillón. O 112 Galicia tivo constancia dos feitos minutos despois das 20:00 horas de onte.

O persoal do CAE 112 Galicia informou aos Bombeiros de Monforte, que se desprazaron ao lugar dos feitos cun equipo de excarceración. Tamén se alertou a Urxencias Médicas e á Garda Civil. Os Bombeiros tardaron varias horas en lograr liberar o cadáver do home do interior da empacadora.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com