Morre unha muller ao caer nun pozo en Monforte

Un particular solicitaba axuda pasados uns minutos das once e cuarto da maña, para acceder a unha muller que caera nun pozo no lugar de  Susao, Sindrán, no concello de Monforte de Lemos.

Acudiron ademais dos servizos sanitarios de urxencia, os Bombeiros de Monforte e a Garda Civil.

Tamén, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento dos axentes da Policía Nacional, da Local e dos efectivos de emerxencias municipais.

As Forzas da Orde investigan as causas do falecemento da muller.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com