O Museo Provincial recibe aos alumnos do CEIP Antonio Insua Bermúdez

O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, xunto á Diretora do Museo Provincial de Lugo, Aurelia Balseiro García, recibiron no refectorio do museo aos 36 alumnos de 5º e 6º curso do CEIP Antonio Insua Bermúdez de Vilalba. Tras darlles a benvida, o Deputado de Turismo entregou aos nenos o libro Bos días, Maruja a modo de agasallo. Os alumnos e profesores do centro vilalbés remataron a visita cun percorrido pola exposición permanente do pintor Antonio Insua Bermúdez, que da nome ao seu colexio.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo