Música de arpa e lectura dun poema para o Día do Pai no Cemiterio Municipal

A Concellería de Cidadanía de Lugo, que dirixe Rosana Rielo, organiza para este domingo 19 de marzo, Día do Pai, unha serie de actos culturais no cemiterio de San Froilán, co obxectivo de render unha homenaxe familiar e íntima a ese día, ao tempo que se impulsa unha das potencias e valores da cidade de Lugo, como é o cemiterio municipal.

O acto dará comezo a partir das 12:30 horas cun concerto de arpa, a cargo de Iván Garmén, e unha lectura do poema Carta a un Fillo de Rudyard Kipling, que realizará o actor Carlos Coira. Ademais, na entrada do cemiterio, ofrecerase a todos os visitantes un pequeno ramo de margaridas, para realizar unha ofrenda floral conxunta.

O cemiterio municipal de San Froilán conta co mellor monumento funerario de España, o mausoleo neogótico situado á entrada do recinto, e está integrado no proxecto turístico e cultural Cemiterios Vivos, unha iniciativa creada pola Asociación Nacional de Funerarias e Cemiterios Municipais, que persegue visualizar os valores patrimoniais, culturais e turísticos que encerran os cemiterios españois.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com