Ribeira Sacra Cañóns

Música e viño protagonitas na segunda edición do festival 17º Ribeira Sacra

A música e os viños da Ribeira Sacra serán protagonistas nesta segunda edición do Festival 17º Ribeira Sacra, unha iniciativa que conta co principal apoio do Goberno da Deputación que achega 24.000 euros. Ademais dos propios concertos, hai actividades programadas para os días 27, 28 e 29 en 3 adegas distintas, coas que se pretende diversificar a súa oferta musical ofrecendo sesións gastronómicas e de viticultura. As adegas nas que se desenvolverán estas actividades son: Regina Viarum, Algueira e Via Romana.
Venres 27
19:30 ás 21:00 horas: Visita guiada pola Bodega Regina Viarum, con cata-concerto. Trátase dunha iniciativa coa que se busca crear un fluxo de sensacións a través das catas de viños desta bodega. Ao final do percorrido, os participantes realizarán unha cata dirixida por Santi Rivas con música en directo dun artista que se confirmará ese mesmo día.
Sábado 28
A partires das 13:00 horas haberá dúas actividades diferentes na Bodega Algueira. A primeira delas, consistirá nunha cata a cegas que pretende pór a proba os sentidos dos participantes. De seguido, desvelaranse os viños catados e comezará unha segunda actividade, que durará de 14:00 a 16:00, que consistirá nunha degustación de alimentos típicos da zona.
Domingo 29
12:00 ás 13:00 horas: Taller de creación na Bodega Vía Romana “Los Secretos del Vermut”, trátase dunha cata taller en dous actos. No primeiro cataranse os vermús Nordesía e, no segundo, os participantes terán que crear o seu propio cóctel que despois será valorado por un xulgado composto por membros da organización, persoal da bodega e a artista Holly Miranda.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com