Música na Xunta para presentar o Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas e a Feira do Viño de Quiroga

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu hoxe a presentación dunha nova edición do Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas e a Feira do Viño de Quiroga, que se celebrará o 20 de abril nesta localidade. No acto participaron o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez e o concelleiro de Cultura, José Luis Rivera; o director da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, Xosé Lois Foxo, e os gaiteiros Alberto Roncero e Carlos Lorenzo Lemos.

Este ano participan no certame trece bandas de distintos concellos das provincias de Lugo, Ourense e A Coruña. A figura homenaxeada será a do polifacético artista Manuel Méndez Silvelo, o gaiteiro de Outeiro, que é tamén percusionista, cantor, poeta e artesán.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com