Nava Castro pon en valor a Romaxe Viquinga do Vicedo como reclamo turístico

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, participaron na presentación da segunda edición da Romaxe Viquinga do Vicedo, unha festa que, “ten todos os ingredientes para consolidarse como unha cita ineludible do verán galego como oferta diferencial”, explicou Nava Castro.

Como indicou a responsable de Turismo da Xunta, a cultura viquinga é un atractivo turístico de primeira orde para a nosa comunidade. Algo que demostran eventos como a conmemoración ao milagre de San Gonzalo e o afundimento da flota nórdica en Foz, a Romaría Viquinga de Catoira e, dende hai un ano, tamén a Romaxe Vinquinga do Vicedo.

“É esta unha festividade que na súa primeira edición xa demostrou ser unha aposta dun gran valor turístico para a Mariña lucense ao conseguir atraer a numerosos visitantes éxito que, de seguro, repetirá este ano”, sinalou. De feito, afirmou que terá un impacto positivo neste destino, que en todo o ano pasado, rondou os 150.000 viaxeiros aloxados e superou as 260.000 pernoitas.

Nava Castro valorou, ademais, que esta festa sirva para enxalzar a zona dos Moutillós, situada na praia de San Román, na que se pode apreciar á perfección o asentamento normando, e que supón un reclamo turístico diferencial de Galicia que se debe promover e conservar, “e con festas como estas contribuímos a acadalo”, explicou. A segunda edición da Romaxe Viquinga do Vicedo terá lugar os días 28 e 29 de xullo. Este ano se estende un día máis e incluirá actividades paralelas como actuacións musicais e rutas de tapas e mercado viquingo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com