Nenos de toda a provincia plantan ameneiros nos colexios coa Semana da Árbore e da Auga

Nenos de toda a provincia plantaron este venres ameneiros nos seus colexios para culminar coas actividades medioambientais que lles levou o Goberno da Deputación durante estes días a través da súa 6ª Semana da Árbore e da Auga. Con esta programación, o Executivo Provincial quixo achegar aos máis pequenos a importancia da auga e das árbores, así como a riqueza natural da provincia con 3 Reserva da Biosfera Recoñecidas pola UNESCO. Participaron de balde 15.000 cativos de 103 centros escolares dos 67 Concellos.

O Presidente, Darío Campos Conde, xunto ao Deputado de Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo, e ao Concelleiro de Desenvolvemento Sostible de Lugo, Daniel Piñeiro Villares, sumouse hoxe á plantación da ameneiro que fixeron os 230 alumnos do CEIP A Ponte, na capital luguesa

 Libros-manuais

O Goberno da Deputación fixo entrega nos centros educativos libros e manuais con distintas actividades medioambientais para desenvolver durante toda a semana. O ameneiro foi a árbore protagonista das dúas publicacións empregados como apoio didáctico: Eva, o trasno e o ameneiro e Salven os ameneiros! .

Ambas as dúas publicacións son historias de ficción con fundamentos didácticos para impulsar o coñecemento da natureza e das especies máis próximas. Repartíronse  preto de 6.200 libros para nenos de entre 3 a 8 anos e 8.148 para os de 8 a 12. As publicacións inclúen coñecementos dos ciclos da auga e da árbore e outras cuestións específicas relacionadas coas Reservas da Biosfera lucenses.

Obxectivos

Os obxectivos desta iniciativa están concibidos para concienciar aos máis cativos sobre o hábitat natural como ben presente e futuro, así como para divulgar entre o alumnado coñecementos dos ciclos da auga e da árbore, máis aló da materia de Ciencias Naturais. A campaña introduciu comunicacións para pais e titores coa idea de implicalos na iniciativa, buscando crear un vínculo de educación co proxecto tamén no ámbito familiar, así como a participación e implicación dos maiores.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com