NetLab, un encontro de profesionáis do marketing dixital en Lugo NetLab, un encontro de profesionáis do marketing dixital en Lugo

NetLab, un encontro de profesionáis do marketing dixital en Lugo

NetLab é un encontro práctico de profesionáis lucenses do marketing online, a comunicación e o social Media.
Terá lugar o 16 de abril na Ferretería, na Rúa San Froilán, e xa están activas as reservas na web netlab.online, onde tamén tes toda a información do evento.NetLab nace coa intención de dar a coñecer entre si a profesionáis do sector online e as iniciativas que se están levando a cabo na contorna online, sobre todo na provincia de Lugo.

Estructúrase en breves relatorios de casos prácticos e experiencias profesionais dos diferentes poñenetes lucenses que culminarán coa análise de varios proxectos seleccionados pola organización de NetLab, entre os enviados polos asistentes ó evento.

NetLab está impulsado conjuntamente por estati.co, Carmen Porteiro e APM Social co obxectivo de fomentar o ecosistema da comunicación digital en Galicia. Para iso, o programa apoiará proxectos con actividades de mentoring, asesoramiento e networking.

Poñentes

Nesta primiera edición do NetLab contaremos con profesionáis lucenses do marketing online, a acomunicación e o social media, onde, a trevés dos casos practicos que nos van amosar e a súa epxeriencia profesional no sector, draán a coñecer as iniciativas que están levando a cabo e a súa maneira de traballar.

Estarán no encontro:

Jaboco Lázare: Fundador de plataformas como DiscoAzul.com, Perros.com e BidoBido.com falando da venda a través do móvil.
Verónica Ramallal, socia fundadora de Pekecha é especialista en Marketing dixital e Social Media
Alvaro Fontela (Raiola Network) é un experto consultor e desenrolador en WordPress e amosará os trucos para optimizar e mellorar o rendemento de este CMS
Marcos Fernández, xefe de comunicación do Breogán, contaranos como é levar as redes sociáis dun clube de baloncesto
Marta Lorenzo, Marketing e RRPP en Granja Campomayor ten un currículum envidiable como experta e apasionada en Marketing Dixital
Miguel Carreira, traballando para unha das mellores axencias do páis como SEO SEM Consultant, explicarános os segredos da analítica web.
Carlos Longarela, CTO de DNG Photo Magazine, una revista de fotrgarafía online que se fai dende Lugo, explicará como se xestiona unha empresa online
Diego Ferreiro, actualmente traballando en Salesforce en California falaranos da súa experiencia en “Palo Alto”.

Podes conseguir a túa invitación ó evento na web netlab.online

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com