" />

Nova cata literaria este xoves no MIHL

Este xoves, 12 de maio, o Museo Interactivo da Historia (MIHL) acollerá unha nova cata literaria. O protagonista desta quinta cata literaria será o escritor Manuel Francisco Reina.

Este novelista, poeta, guionista, crítico literario e dramaturgo, natural de Jerez de la Frontera, é autor de Los amores oscuros, a novela que recrea o amor entre Lorca e Juan Ramírez de Lucas. Este libro trata de eliminar os prexuízos e defender as liberdades que teñen que acompañar ao ser humano. Tamén trata a intelixencia moral e intelectual de Lorca e facéndoa ver como unha vida normal, como a de calquera persoa.

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre avanzou que todos os interesados poden mercar a súa entrada por 5 euros na web www.entradaslugo.es, na Oficina Municipal de Turismo, de luns a sábado, de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 18:00 horas, e no propio MIHL, de martes a sábado, de 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas, e os domingos, de 17:00 a 20:00 horas.

Nestas catas literarias, que teñen lugar o primeiro xoves de cada mes ata xuño, tamén haberá gastronomía lucense acompañada de viño da Ribeira Sacra. Ademais, durante todos os eventos, un grupo de música de Lugo acompañará aos asistentes. O xoves, as tapas correrán a cargo do Bar Antas, e a música, do dúo de arpa e contrabaixo Cidalia.

Como en anteriores ocasións, as librerías da cidade porán á disposición dos asistentes no MIHL a bibliografía do escritor protagonista para que os asistentes poidan mercalos e os asine o propio autor.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo