" />

Nova edición do Netlab en Lugo este sábado en ‘La Ferretería’

O vindeiro sábado, 13 de maio, celébrase unha nova edición do Netlab en Lugo. Esta xuntanza, que xa se celebrou noutras dúas edicións, unha en Lugo e outra en A Coruña; é un encontro práctico de profesionais locais do Marketing online, a comunicación e o Social Media. Netlab nace coa intención de dar a coñecer ás empresas os profesionais do sector online e as iniciativas que se están levando a cabo no entorno dixital a nivel local.

Está dirixido a autónomos, emprendedores, PEMES, profesionais e interesados en formarse e mellorar en comunicación, marketing dixital e social media, como por exemplo, persoas que estean empezando, ou a piques de empezar, a súa actividade profesional para aprender como enfocar e planificar o seu plan de marketing online; e tamén a profesionais ou empresas que, coa actividade xa iniciada, desexen facer medrar o seu negocio para lograr atraer a un grupo maior dentro dos seus públicos potenciais.

Este evento estruturarase en breves ponencias de casos prácticos e experiencias profesionais que culminará cunha mesa redonda na que participan todos os asistentes.

Nesta edición, o Netlab contará con diferentes ponentes de diversos sectores dentro de ámbito dixital, como Fernando Tellado, un referente en WordPress en España e que xunto con Carlos Longarela, lucense e ponente na primeira edición de NetLab en Lugo, van editar unha revista online especializada en WordPress e que presentarán nesta edición a través de videoconferencia.

Mar Castro, consultora en Protocolo, Comunicación Emocional e Cortesia Dixital, abordará un tema que poucas veces se ten en conta no medio online: a empatía dixital, e dará claves para conectar na Rede. Cecilia Fernández, SEO copywriter e especialista en Marketing de contidos, estará falando dos influencer e a necesidade dos mesmos, no noso proxecto. Oscar Pásaro da empresa Conpas.net, incidirá na importancia dos datos nun bo xestor de clientes; e Martín Gómez, de Raiola Networks, especialista en seguridade, falará de como filtrar esas temidas visitas rusas nas nosas webs.

Asemade haberá  una mesa redonda, que estará conducida e moderada por Verónica Ramallal, CEO de Pekecha.

NetLab está impulsado conxuntamente por estati.co, Carmen Porteiro e APM Social co obxectivo de fomentar o ecosistema da comunicación dixital en Galicia.

O encontro terá lugar en La Ferretería Eventos (rúa San Froilán) a partires das 10:00 horas. As entradas pódense reservar a traveso da páxina do evento http://netlab.online/

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo