O Concello de Lugo publicou unha nova edición do seu boletín cultural e turístico, unha guía que reúne a programación de actividades da cidade e información de interese para veciñanza e visitantes. A publicación inclúe visitas guiadas, exposicións, rutas patrimoniais, eventos culturais e turísticos, co obxectivo de facilitar o acceso á programación municipal e promover a ampla oferta cultural e de lecer. Esta iniciativa forma parte da estratexia de promoción do patrimonio e do turismo de Lugo, fomentando a participación cidadá, apoiando ás entidades locais e reforzando a cidade como destino turístico.






