As plataformas cidadás Lugo en Común e Gañemos Lugo, celebraron onte unha asamblea onde decidiron fusionarse nunha nova formación chamada Lugo Novo coa que concurrirán ás eleccións municipais do mes de maio.
Na mesma asamblea, decidiuse asemade facer propios os dominios para a súa web, redes sociais, habilitar un buzón de suxerencias para que os veciños poidan opinar, e formar dúas comisións de traballo.