" />

Nova subida de casos activos por Coronavirus en Lugo

Nas últimas 24 horas detectáronse 12 novos casos de Covid-19 na área sanitaria de Lugo, o que eleva a cifra a 160, segundo informa a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade na súa última actualización. En canto ao o número total de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.286, deles 606 son da área da Coruña, 160 da de Lugo, 173 da de Ourense, 302 da de Pontevedra, 625 da área de Vigo, 349 da de Santiago e 71 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 25 están en UCI, 142 en unidades de hospitalización e 2.119 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 113.800 persoas curadas, rexistrándose 2.368 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 1.905.426.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo