Novas

Monedero arroupa á candidata de Podemos-Esquerda Unida en Lugo

Esta tarde membros da candidatura Podemos-Esquerda Unida en Lugo, entre as que se encontraba Chus Rodríguez e Ximena Cheda e  xunto con Juan Carlos Monedero, que chegaba a Lugo para apoiar á coalición, visitaron varios barrios de Lugo e tamén ás familiares do dobre crime do Ceao.

Aproveitando a visita a Lugo de Juan Carlos Monedero, quixeron achegarse a “un dos moitos barrios abandonados, tanto polas políticas de cemento e formigón do Concello, como por parte da Xunta de Galicia”. Segundo Chus Rodríguez “o barrio da Residencia é un dos barrios simbólicos que pasou de estar cheo de vida, negocio e pequeno comercio, a ver como tiñan que pecharse os comercios de barrio ao terse derruído o antigo Hospital Xeral e trasladarse todos os servizos sanitarios ao HULA e, aínda a día de hoxe, e logo de varios anos, seguimos a agardar que se lle dea un uso a este espazo e poder recuperar a vida deste barrio, mentres se segue a especular a golpe de ladrillo, anunciando o Concello hoxe mesmo (a catro días das eleccións) o desbloqueo (despois de anos parado) do impulso dunha nova unidade urbanística moi preto, na Cheda (xunto con outra na Duquesa de Lugo)”.

Rodríguez subliñou que, “a nosa aposta segue a pasar por cubrir os baleiros urbanos e darlle vida e compactación á cidade e non construír máis vivenda e especular, por parcelas e interese de determinados construtores”. Nesta visita, a candidata da Coalición, quixo que Juan Carlos Monedero, un dos fundadores de Podemos e actualmente director do Instituto República y Democracia, mantivera un encontro coas familiares das vítimas do dobre crime do Cash Record, do que hai uns días cumpríanse 29 anos. Rodríguez, incidiu “na necesidade de que haxa moitas persoas máis, como Isabel.

Posteriormente percorreron outras rúas ata chegar ao casco histórico, onde mantiveron encontros e conversas con múltiples veciñas e veciños que se achegaron ao seu encontro.

Candia quere as augas do balneario nas caldas artificiais do Miño

A candidata do Partido Popular explicou que “impulsará acordos co propietario da concesión das augas termais do balneario para que as caldas artificiais que construíu o goberno local á beira do Miño Lugo poidan beneficiarse das augas mineromedicinais do Balneario”.

Tras reunirse co seu propietario anunciou que “promoverá acordos  para acadar este reto” indicando que “Lugo é unha cidade termal que debe ter un maior un protagonismo nun modelo de municipio de futuro e de oportunidades”

“Queremos que as mal chamadas Caldas, sexan de verdade espazos con propiedades mineromedicinais polo que debemos apostar por ter aí unhas instalacións cun valor engadido, que nos axuden a diferenciarnos e que se poidan converter nun atractivo turístico de verdade”

A popular comprometeuse a traballar para aproveitar aquelo que nos diferencia, como o Balneario de Lugo, un espazo único, con recursos termais, un elemento diferenciador que temos que ter en conta á hora de planificar infraestruturas para que poidan aproveitar as propiedades mineromedicinais das súas augas.

A popular tamén manifestou que se mellorará a iluminación da contorna do edificio do Balneario.

A candidata do Partido Popular explicou que “impulsará acordos co propietario da concesión das augas termais do balneario para que as caldas artificiais que construíu o goberno local á beira do Miño Lugo poidan beneficiarse das augas mineromedicinais do Balneario”.

Tras reunirse co seu propietario anunciou que “promoverá acordos  para acadar este reto” indicando que “Lugo é unha cidade termal que debe ter un maior un protagonismo nun modelo de municipio de futuro e de oportunidades”

“Queremos que as mal chamadas Caldas, sexan de verdade espazos con propiedades mineromedicinais polo que debemos apostar por ter aí unhas instalacións cun valor engadido, que nos axuden a diferenciarnos e que se poidan converter nun atractivo turístico de verdade”

A popular comprometeuse a traballar para aproveitar aquelo que nos diferencia, como o Balneario de Lugo, un espazo único, con recursos termais, un elemento diferenciador que temos que ter en conta á hora de planificar infraestruturas para que poidan aproveitar as propiedades mineromedicinais das súas augas.

A popular tamén manifestou que se mellorará a iluminación da contorna do edificio do Balneario.

A Subdelegación do Goberno ultima a organización do 28M para garantir o dereito ao voto en Lugo

A Subdelegación do Goberno, da que é responsable Isabel Rodríguez,  destina 527.000 euros aos custos derivados da loxística e a seguridade deste proceso electoral. Unha parte importante desta cantidade destinarase a aboar as indemnizacións ás máis de 3.100 persoas que traballan na preparación e no desenvolvemento da xornada electoral. Entre elas, as 1.602 persoas membros de mesas electorais; os 406 representantes da administración, responsables da transmisión de datos nas mesas; e as 1.126 persoas membros dos Corpos e Forzas de Seguridade que velarán pola normalidade da xornada.

Nestes días a Subdelegación do Goberno traballa, en colaboración coas entidades locais de Galicia, para poñer a punto os emprazamentos onde se celebrarán as votacións, ata 393 locais en toda a provincia, que albergarán 533 mesas e 393 cabinas. Durante as últimas semanas, preparouse a documentación que será necesaria en cada unha das mesas (actas, instrucións, etc), e toda a papelería (sobres e papeletas) que debe estar accesible o domingo en cada un dos colexios electorais da provincia de Lugo.

Ao mesmo tempo, a Subdelegación participou en dous simulacros do sistema de transmisión de datos que empregan os representantes da Administración para trasladar datos de apertura e peche de mesas, avances de participación e escrutinio final. O último destes simulacros celebrouse este luns en toda España.

Electores

Do total do censo electoral, 269.099 persoas corresponden ao censo de electores residentes (CER) mentres que 1.173 son persoas do censo electoral de residentes estranxeiros (CERE). Así mesmo, 8.518 lucenses exercerán o dereito ao voto por primeira vez neste proceso electoral.

Do total do censo, 8.663  persoas formalizaron a petición de voto por correo, así como 17 galegos e galegas que residen temporalmente no estranxeiro. Cómpre lembrar que nestas eleccións non teñen dereito ao voto os electores e electoras con residencia permanente no estranxeiro (o CERA)

Alexandre Penas: “os elementos de calmado de tráfico de Lugo compren coa normativa vixente”

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, afirmou que os elementos de calmado do tráfico habilitados polo Goberno de Lugo compren coa normativa vixente para este tipo de elementos. O concelleiro di “que o PP de Lugo “non deixa de poñer en dúbida o traballo do persoal do concello de Lugo” e afirmou que “desde a concellería de Infraestruturas seguiremos traballando para que Lugo conte cun tráfico calmado e para garantir un bo nivel de seguridade vial”.

O concelleiro de Infraestruturas afirmou que a intención do Goberno de Lugo é “converter a Lugo nunha cidade segura, na que toda a veciñanza poida desprazarse a pé, en transporte público ou en coche”

O bus de Carral

O Xestal foi un creador, músico e humorista que faleceu hai agora trinta anos, que reflectiu con humor realidades e feitos de xeito que chegaban nidiamente a toda a sociedade do país. Un dos seus contos máis coñecidos relataba a peripecia dun rapaz que quixo librar por cego do servizo militar, convencendo ao capitán médico da súa carencia de vista. Indo logo o militar ao cine, escoitou as gargalladas dun cinéfilo que disfrutaba ruidosamente da proxección, sorprendéndose ao atopar o presunto cego, ao que lle preguntou como era posible que puidese ver a película de cine, ao que o rapaz respostou: “No cine…?!, Pero este non é o autobús que vai para Carral?!”.

O anuncio da autoridade competente do cine a dous euros para os maiores, daríalle a O Xestal para unha historia chusca, porque os maiores podemos disfrutar do cine bonificado, do autobús para calquera dos Carral que termos na xeografía, de libros gratis ou de audífonos en cores, que todo soporta este tempo ao que lle quedan poucos días, aínda que despois comece de novo a historia interminable de promesas para os que, sen pedir case nada, se nos fará o agasallo audiovisual.

Non habendo cines oficiais, a saber como se vai conseguir a rebaixa das entradas, aínda que seguro hai fórmulas para que a promesa se faga realidade. E os xubilados, sorprendidos, estimamos máis que se lembren de nós deste curioso xeito que coas novas que cada mes se repetían hai pouco lembrando o custo das pensións para a Seguridade Social. Vaiamos, logo, ao cine, pero se ven que alí rimos ou sorrimos será porque o pasamos ben, e non porque coidemos “que bos son, que nos levan de excursión”.

Podemos-Esquerda Unida

Chus Rodríguez de Podemos-EU pide o voto da esquerda real

A candidata de Podemos-Esquerda Unida pediu onte no mitin central da coalición que se celebrou na rúa Quiroga Ballesteros en Lugo, “por un Lugo diverso, integrado, inclusivo, feminista, ecoloxista, que solucione os problemas reais da veciñanza e teña en conta a súa participación”.

Rodríguez, estivo acompañada por Borja San Ramón, Coordinador de Podemos Galicia, Jon Forrest, Secretario Internacional de Izquierda Unida, as candidatas Isabel Sánchez (nº4 da lista) e Ximena Cheda (nº2). Despois das intervencións de cada unha das participantes, facendo fincapé na necesidade de mobilizar o voto da esquerda, interveu para o peche do acto, Chus Rodríguez, candidata á alcaldía. Defendeu “un programa coherente que dá resposta ás necesidades e demandas reais da veciñanza, porque non están cubertas polos outros partidos políticos, nin do goberno nin da oposición, e ese espazo ocúpao, por ideoloxía e compromiso polo servizo público, a nosa Coalición, como forza de unidade de esquerdas”.

A candidata incidiu en que a “nosa Coalición ten un proxecto de cidade vida, inclusiva, integrada e integradora, na que toda a veciñanza ten o poder e a relevancia e á que queremos devolverlle á cidadanía esa capacidade de decidir, defender os seus dereitos e a súa participación real”. Neste sentido, Rodríguez apelou á necesidade de mobilizar aos votante de esquerdas, os críticos e as críticas, pois “só unidas imos poder darlle a volta a esta situación e construír o Lugo que necesitamos”. Decididamente, segundo Rodríguez, “facemos unha aposta moi forte pola xustiza social, baseada na igualdade de oportunidades e nos dereitos humanos, pola que calquera lucense, poida desenvolver o seu dereito a acceder aos servizos básicos, ter as necesidades cubertas e vivir en paz social; o dereito a unha vivenda digna; unha cidade feminista, na que unha muller non teña por que sentirse insegura na rúa nin desatendida por unha situación de violencia (e isto non é poñer cámaras de seguridade, é ter perspectiva de xénero en urbanismo e mobilidade e adecuados medios e recursos na Casa Muller…); unha cidade verde, na que o rural esté conectado e integrado tamén no urbano e as nosas 54 parroquias, 450 granxas familiares, poidan volver abastecer ao urbano, recuperar os mercados tradicionais e a alimentación de proximidade; unha cidade de cultura universal para todas, onde as artistas locais teñan os seus espazos e podamos devolverlle á cidadanía o espazo público”.

Defendemos unha cidade, subliñaba Rodríguez,, definitivamente transparente e participativa, amable, coidada, unha cidade para vivir”. A candidata da Coalición rematou o seu discurso, pedindo o voto para Podemos – Esquerda Unida e argumentando que “a liberdade en democracia é xustiza social para todas, é igualdade real de todos e todas, e protección do noso medio ambiente, é loitar pola cidade que queremos para vivir”.

Centos de bombeiros de consorcios provinciais maniféstanse en Lugo

Os bombeiros de consorcios provinciais manifestáronse en Lugo en defensa dunhas melloras salariais. Na concentración vivíronse momentos de tensión diante da delegación da Xunta de Galicia en Lugo, cando os manifestantes intentaron traspasar o cordón policial que impedía o acceso á explanada da Xunta para colocar unha pancarta que finalmente puideron colocar con permiso da policía.

A manifestación que partiu da porta de San Fernando ata a Deputación Provincial podíanse ler pancartas en contra dos presidentes da Deputacións de Lugo e A Coruña, José Tomé e Valentín Formoso respectivamente.

A súa principal reivindicación é ser recoñecidos coma persoal fixo; asemade esixen a Xunta e as Deputacións  máis medios materiais, dotacións e infraestruturas  e un aumento de persoal nos parques de bombeiros.

Fotografía: CRTVG

 

Masivo seguimento no segundo dia de folga dos traballadores do metal

Esta maña tivo lugar a segunda xornada de folga dos traballadores do metal cunha manifestación polo polígono do Ceao e que segundo os sindicatos tivo un seguimento do 90%. Esta paro foi convocado por Comisións Obreiras, UXT e CIG  para esixir dúas demandas: a actualización salarial ao IPC nos próximos tres anos e os atrasos pola actualización de 2022.

O vindeiro xoves 25 de maio está prevista unha nova xornada de folga do sector do metal na provincia de Lugo que emprega uns 5.000 traballadores e de non haber avances nas negociacións ou chegar a un acordo haberá novos paros os días 31 de maio e 2, 6 e 7 de xuño.

Lugo Monumental pide recolocar ou regalar aos lucenses as flores que se retiren de Santo Domingo

Lugo Monumental rexistrou durante esta mañá unha petición ao Concello de Lugo en que solicita que se informe aos lucenses da data exacta en que se empezarán as obras de Santo Domingo, “tras as que a praza perderá todas as – xa moi escasas – zonas verdes que ten actualmente”.

Tamén pedirá ao Concello que “recoloque as flores de Santo Domingo, concretamente as que hai actualmente na base do Aguia do Bimilenario. Dado que son plantas pagadas con diñeiro público parece que o razoable sería enclavarlas novamente noutras zonas municipais, e, no caso de que iso non sexa posible ou que o custo da devandita acción sexa elevado, pídese que se autorice a quen o desexe a levalas a fin de que non se perdan como pasou coas roseiras de Praza do Ferrol”.

Desde Lugo Monumental queren insistir na necesidade de manter as escasas zonas verdes que hai actualmente no centro histórico, e piden ao goberno local que se reformule o que consideran “un grave erro, que ademais se demostra de curto percorrido tras a renaturalización que se anunciou para outras zonas como a Praza Vermella ou o barrio de Recatelo, áreas en que se fará un importante desembolso (tan só na Praza Vermella anunciouse un gasto de 1 millón de euros) para poñer algo de vexetación, algo chocante sobre todo no segundo caso, onde as obras de peonalización finalizaron recentemente”.

Segundo Lugo Monumental “o proxecto aprobado polo goberno local elimina todas as zonas verdes de Santo Domingo e no resto das rúas para reformar redúceas a xardineiras, pequenos xardíns con céspede e flores ou alcorques”. Por último, a Asociación tamén expón modificar as árbores elixidas polo goberno, e propón especies autóctonas para substituír as seleccionadas, xa que sinalan que “algunha, como a Pereira de Callery (Pyrus calleryana), é unha especie de orixe chinesa e que mesmo é considerada invasora e está prohibida nalgunhas zonas do mundo polo seu desagradable cheiro na primavera (similar ao seme, vómito ou peixe podrecido), tal e como explicou onte o arquitecto Anxo Sánchez”.

Juan Carlos Monedero participará este mércores nun acto en Lugo

Juan Carlos Monedero, un dos fundadores de Podemos (prestixioso politílogo e comunicador) visita Lugo, para arroupar á candidata ás eleccións municipais, de Podemos-Esquerda Unida, Chus Rodríguez.
Ten a súa chegada para as 10:30h a Lugo onde compartirá café con Chus Rodríguez e outras integrantes da candidatura na zona centro.
Ás 11:00h. Un paseo denuncia pola corrupción, desde o Xulgado ata o parque Rosalía de Castro, onde desde o Mirador, haberá tempo para unhas declaracións de Monedero e Rodríguez, sobre a transparencia pública (en torno ás 11:30h).
Ás 12:00h, Paseo polo barrio da Residencia e Abella.
Ás 12:30h, terá lugar un Encontro no restaurante Savoy con familiares das vítimas do crime do Cash Record, onde Monedero e Rodríguez conversarán, aberto ao público, o estado no que se atopa actualmente o proceso e o recurso.
Ás 14:00h. Xantar de Juna Carlos Monedero e Chus Rodríguez. polo centro da cidade.
Xa pola tarde reparto de información e encontro coa veciñanza pola Rolda das Fontiñas, Mercedes e Fingoi, coa candidata e outras integrantes.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com