Novas

O Goberno da Deputación levará ao Pleno do día 27 a aprobación das bases do Plan Único 2023

O Goberno da Deputación de Lugo anuncia que elevará ao Pleno ordinario deste mes, que terá lugar o vindeiro martes, 27 de decembro, o debate e aprobación das bases do Plan Único de Cooperación cos Concellos 2023, ao que destina 21,5M€ para desenvolver actuacións en
materia de infraestruturas, creación de emprego, Servizo de Axuda no Fogar, actividades, eventos, administración electrónica ou protección civil.

Ao aprobarse neste mes as bases do Plan Único, o Goberno da Deputación prevé que no mes de xaneiro xa se poida abrir o prazo para que os concellos presenten os proxectos que queren desenvolver cos fondos do Plan Único.
Como xa se puxo en marcha na anualidade anterior establécese que só deberán enviar a documentación que acredite e xustifique debidamente as actuacións realizadas, eliminando trámites intermedios.

 

Celebrando o Día da Constitución

de decembro houbo celebracións varias. A da Constitución, garante de liberdades, igualdades e agardando fraternidades, reduciuse a recepcións oficiais xa que para a xente do común pasou ao faio no que gardamos os logros que, conseguidos, quedan a beneficio de inventario.

Boa parte do Lugo masculino, tentou celebrar diante do televisor o partido entre as seleccións de España e Marrocos, de acceso a cuartos de final do Mundial de Qatar, que a Federación internacional de Fútbol Afeccionado? estimou lugar axeitado para ser temporalmente o centro do mundo.

Durmín o partido ata o minuto 80, e cando coidei estaba a piques de rematar, funme con xente miúda ao Mercado do Nadal, acertadamente situado na Praza Maior, con recepción incluida de Papa Noel e xogos infantís sempre concorridos.

Entre os celebrantes da Praza, o xénero masculino era ben minoritario, e mulleres e nenos maioría absoluta. Logo deron en chegar homes marcados pola frustración que entendín cando me informaron da prórroga do xogo (para ninguén é un xogo, por certo), e do desenlace a cara ou cruz, que non parece mal sistema. Tristura nos hispanos e entusiasmo nos marroquinos con nove campionatos sen conseguir lugar digno de mención.

Pola rúa Vilalba, unha entusiasta caravana atronaba o ambiente con pitidos e berros, e os abandeirados que nela iban manifestaban un explosivo entusiasmo. E coidei que se vivise en Marrocos e os hispanos apeasen aos marroquinos desta competición, pensaríao ben antes de saír á rúa berrar o meu entusiasmo. E entón dinme conta que iso era a mellor festa da Constitución no seu día, marcando total liberdade de expresión sen que a ninguén ofendese.

O grupo Crua dará un cocerto organizado pola EOI

Banda de adufeiras do Porto oferecem concerto e participam em foliada na cidade de Lugo Son seis mulleres adufeiras e cantoras. O seu nome artístico é CRUA. Xuntáronse no Porto, recorreron os palcos de Portugal e da Galiza e agora retornan de novo á nosa terra para tocar en Lugo. Será no día 21 de decembro ás 18h no Patio do Vello Cárcere. O concerto é organizado polo departamento de portugués da Escola Oficial de Idiomas de Lugo (EOI). Só dúas horas e media máis tarde -polas 20:30- , o escenario será outro: o Centro Social Mádia Leva, onde se vai celebrar unha cea seguida de foliada.

“O nome Crua representa-nos por nos mostrarmos tal como somos: cruas, ao natural, sem temperos”, así é como presenta a banda Diana Ferreira. Para Rita Só, a formación rompe moitos tópicos: son artistas urbanas novas com formación superior ao contrario do que é esperado na música tradicional. Ambas afirman teren encontrado na Galiza um espelho a nivel musical e un encantamento coa forma en que os galegos e galegas sentimos e vivimos a música popular.

“No fundo, há uma herança cultural comum. A língua é uma delas, mas a música também” é desta forma que a Rita explica o sentimento de afectividade que teñen coa Galiza, un sentimento que di ser común a todas as integrantes da banda: “A nível pessoal, todas nós, tivemos encantamentos com a Galiza, seja com a música, com locais ou com pessoas”. Así sendo, non perdan a oportunidade de asistiren ao concerto destas adufeiras que entenden, tocan e viven a música tradicional como un proceso e un medio para ir ao encontro da identidade e o sentimento.

Banda de adufeiras do Porto oferecem concerto e participam em foliada na cidade de Lugo Son seis mulleres adufeiras e cantoras. O seu nome artístico é CRUA. Xuntáronse no Porto, recorreron os palcos de Portugal e da Galiza e agora retornan de novo á nosa terra para tocar en Lugo. Será no día 21 de decembro ás 18h no Patio do Vello Cárcere. O concerto é organizado polo departamento de portugués da Escola Oficial de Idiomas de Lugo (EOI). Só dúas horas e media máis tarde -polas 20:30- , o escenario será outro: o Centro Social Mádia Leva, onde se vai celebrar unha cea seguida de foliada.

“O nome Crua representa-nos por nos mostrarmos tal como somos: cruas, ao natural, sem temperos”, así é como presenta a banda Diana Ferreira. Para Rita Só, a formación rompe moitos tópicos: son artistas urbanas novas com formación superior ao contrario do que é esperado na música tradicional. Ambas afirman teren encontrado na Galiza um espelho a nivel musical e un encantamento coa forma en que os galegos e galegas sentimos e vivimos a música popular. “No fundo, há uma herança cultural comum. A língua é uma delas, mas a música também” é desta forma que a Rita explica o sentimento de afectividade que teñen coa Galiza, un sentimento que di ser común a todas as integrantes da banda: “A nível pessoal, todas nós, tivemos encantamentos com a Galiza, seja com a música, com locais ou com pessoas”. Así sendo, non perdan a oportunidade de asistiren ao concerto destas adufeiras que entenden, tocan e viven a música tradicional como un proceso e un medio para ir ao encontro da identidade e o sentimento.

As Reservas da biosfera de Lugo reciben da Xunta 1.3 M€

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, ven de explicou que se trata de achegas orientadas a promover a conservación e a xestión da biodiversidade e dos recursos naturais, o fomento do desenvolvemento sustentable e a mellora do patrimonio cultural nos territorios comprendidos nas reservas da biosfera, e os destinatarios poden ser tanto os órganos xestores en cada caso como os concellos e entidades que actúan directamente sobre o territorio. As axudas fináncianse con cargo ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia da Unión Europea.

Así, a Deputación de Lugo recibe máis de 1 millón de euros, deles 609.370 euros como órgano xestor da reserva da biosfera Terras do Miño, e 427.000 para a xestión da dos Ancares lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá.

No que respecta aos concellos, A Pontenova recibe 79.000 euros para o anteproxecto de recuperación e posta en valor da biodiversidade no complexo histórico-recreativo das minas de Consuelo e Boulloso.

Os outros beneficiados son os concellos de Becerreá, con achegas por 69.750 euros; Ribadeo, con case 64.000 euros; Folgoso do Courel, con 60.500 euros, e Alfoz, con 58.500 euros.

As axudas poden destinarse a accións de conservación de hábitats e especies, restauración de ecosistemas degradados, creación e mellora de pequenas infraestruturas, adecuación de tendidos eléctricos para evitar impactos paisaxísticos e sobre a biodiversidade, ou mellora da conectividade, entre outras.

Tamén á formación e capacitación dos habitantes e do persoal da reserva da biosfera en materia de conservación da biodiversidade, apoio ao asociacionismo local en relación a este obxectivo, e elaboración de plans estratéxicos, estudos das deficiencias nas reservas da biosfera ou revisión e zonificación.

Por último, tamén se contempla o impulso á sustentabilidade do turismo, mellora do patrimonio cultural e da paisaxe, con actuacións sobre as infraestruturas públicas existentes para o uso turístico e sobre a sinalización de elementos de interese ambiental.

 

Mariña Patrimonio apoia a creación dun museo arqueolóxico en San Cibrao

A asociación sociocultural Mariña Patrimonio vén mantendo dende hai anos co Concello de Cervo un fluído diálogo arredor da Atalaia, e os seus restos arqueolóxicos, para tratar de encontrar a forma máis acaída de revalorizalos e preservalos.

Neste sentido, Mariña Patrimonio concorda co Concello de Cervo en que a edificación que hoxe se atopa en estrutura, e que foi recentemente adquirida polo Concello, debe ser conservada en parte, rebaixándose en altura para non provocar un impacto visual negativo na península da Atalaia.

Coinciden ambos, Concello e Mariña Patrimonio, en que esta edificación se destine a albergar un futuro museo arqueolóxico da Mariña, que contaría tamén cun depósito para acoller todos os restos arqueolóxicos procedentes da Mariña Luguesa. Tanto os que na actualidade se atopan dispersos por varios depósitos de Lugo coma os que poidan aparecer nun futuro na comarca.

Dende Mariña Patrimonio felicitan ao Concello de Cervo por apostar pola creacion deste museo arqueolóxico na Atalaia ao tempo que expresan o seu total apoio a esta iniciativa.

Gala dos Premios Son Muller 2022

Onte celebrouse a Gala dos Premios Son Muller 2022 á que optaban preto de 30 candidaturas. Os premios Son Muller recoñecen o traballo da muller emprendedora, a muller empresaria e a muller empresaria rural.  Estes galardóns que celebran a quinta edición, recoñecen a actividade empresarial de mulleres da provincia ao mesmo tempo que fomentan a súa participación no entorno económico e social de Lugo. A Presidenta da Asociación de Mulleres Empresarias da Provincia de Lugo, Beatriz Varela Regueira, foi a encargada de  entregar os premios.

Beatriz Varela felicitou a todas as participantes “pois presentaron proxectos innovadores e creativos o que demostra a gran diversidade e pluralidade que existe no sector empresarial lucense. Con esta iniciativa dámoslles visibilidade porque entendemos o papel fundamental que xogan no desenvolvemento económico do territorio”.

Nesta gala repartíronse un total de 4.500 euros en premios e xogos de Matrioskiñas galegas deseñados especialmente para este certame por artesáns lucenses. Ademais todas as finalistas recibiron un galardón pola súa participación. As empresarias premiadas foron:

Categoría Son Emprendedora.

1º Premio: AOBÁ UPCYCLING. 2º Premio: Rural o Urbano. Finalistas: Late Food, Atoupa e Cuarto e Metade

Categoría Son Empresaria.

1º Premio: Academia A Mariña. 2º Premio: Centro Pedagóxico Aloumiño. Finalistas: Colorín Colorado. Bioco e Asesoría Mel.

Categoría Son Empresaria Rural.

1º Premio: As Vacas da Ulloa. 2º Premio: A Horta de Sancoveiga. Finalistas: Esencia Viva. Argaia Cosmética e Casa de Baixo

Recoñecemento especial

Durante a Gala dos Premios Son Muller a Asociación de Mulleres Empresarias da Provincia de Lugo realizou un recoñecemento especial a Purificación García Balseiro (Decoraciones Pura) e distinguiu a súa longa traxectoria empresarial e profesional como muller referente no ámbito do emprendemento da provincia de Lugo.

Táboa redonda de Arelas sobre a “Lei Trans Estatal”

O vindeiro luns 19 a partir das 19:00 hs, no Auditorio do Vello Cárcere, terá lugar unha mesa redonda onde se debatirá sobre a necesidade, os acertos e tamén as limitacións, do texto de Lei Trans Estatal en trámite na actualidade nas Cortes do Estado.

A mesa “Nós si queremos debater a lei trans”, contará coa doutora en historia e activista trans, Daniela Ferrández, co avogado e xurista especializado en dereitos humanos, Miguel Vieito e con Cristina Palacios, traballadora social e presidenta de ARELAS, asociación de familias de menores trans de Galiza.

 

Santiago Besteiro gaña o “Premio Nacional de Artesanía”

O obradoiro de coiro de Santiago Besteiro (Monterroso) recibiu o galardón na categoría de Emprendemento, ao que tamén optaba o obradoiro de tornería Vikensen (Tomiño), ambos os dous pertencentes á marca Artesanía de Galicia.

Santiago Besteiro Design dedícase ao deseño, desenvolvemento e elaboración de pezas artesás de alta calidade realizadas con materiais naturais e biodegradables. O seu traballo céntrase no coiro combinado con outros materiais como a pedra ou a madeira, primando a investigación con novas formas e materiais, un deseño simple e funcional e buscando ofrecer os máis altos estándares de calidade. No obradoiro mantén dúas liñas de produtos: por unha banda, á marroquinería e, pola outra, pezas escultóricas e dedicadas á decoración de interiores. Actualmente, traballa realizando prototipos e investigación de novos produtos para clientes coma Loewe, que en xuño deste mesmo ano 2022 presentouno no Salón do Moble de Milán como novo artesán colaborador.

O obradoiro de Santiago Besteiro está recomendado pola guía dixital Homo Faber, que destaca a excelencia da artesanía europea, e da guía dixital España Artesana, impulsada pola Asociación Contemporánea de Artes y Oficios, que destaca os mellores artesáns de España. Na súa curta traxectoria foi xa finalista en tres ocasións dos Premios Artesanía de Galicia (2020, 2021 e 2022) e do European Craft Prize 2021.

A calidade e a distinción da Artesanía de Galicia está cada vez máis presente nos Premios Nacionais de Artesanía. Desde a súa creación no ano 2006, o sector artesanal galego, incluídas as entidades públicas e privadas que o apoian, teñen recibido 13 premios e unha mención especial, ademais de ser finalistas en numerosas ocasións.

A Xunta asume os gastos do pavillón do Lucus e Ollos Grandes para que os clubs sigan adestrando

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo esta mañá unha xuntanza cos directores dos centros Lucus Augusti e Ollos Grandes, Carlos Cazón e Francisco Javier Núñez, respectivamente, na que tamén participou a xefa territorial da Consellaría de Cultura, Educación, Formación Profesional e Profesorado, María José Gómez, na que se lles comunicou que a Xunta asumirá os gastos que permitiran aos clubs lucenses seguir empregando o pavillón polideportivo que comparten os institutos

Javier Arias, explicou que “decidimos actuar ante a incompetencia do Concello de Lugo” e lembrou que “existe un convenio para a utilización do pavillón polideportivo que comparten os institutos Lucus Augusti e Ollos Grandes, polo que a Xunta de Galicia ofrece as súas infraestruturas deportivas, ante a falta de instalacións na cidade, e o Concello faise cargo dos gastos de mantemento do pavillón. Este convenio leva pendente de asinar desde o curso pasado, pese aos continuos requirimentos que lles fixo a Delegación Territorial”.

Logo que o concello comunicara que non dispón de presuposto para o pago dos gastos do citados pavillón é isto pon                         en perigo os adestramentos de equipos como: Emevé, Estudiantes, Sagrado Corazón ou Franciscanos, entre outros, “a Xunta, buscando ser parte da solución e non dos problemas, farase cargo dos custos de contratación de persoal para a limpeza e vixilancia”. Rematou o delegado.

 

O documental “Gastronomía de origen: de la tierra al plato” emítese este domingo na 2 de TVE

O documental Gastronomía de origen: de la tierra al plato leva á pequena pantalla a calidade dos produtos lucenses e as súas bondades en alta cociña.
Recoñecidos profesionais lucenses da cociña e produtores locais protagonizan este audiovisual que achegará ao espectador a gran variedade de sabores que ofrece a provincia, así como a posta en valor da produción tradicional e sostible. No documental aparecen, por exemplo,
emblemas da terra e do mar con Indicación Xeográfica Protexida e Denominación de Orixe, como a faba de Lourenzá, o queixo da Ulloa, a tenreira galega, o porco celta ou a merluza de Celeiro.

Cunha duración de 52 minutos, Gastronomía de origen: de la tierra al plato é unha proposta culinaria que percorre a xeografía luguesa para espertar na audiencia novas sensacións e o amor á terra e ao traballo ben feito, a través de entrevistas e a elaboración de pratos que
fusionan a esencia da tradición coas técnicas máis vangardistas.

Os cociñeiros, membros da Asociación Provincial de Cociñeiros de Lugo, que participan na cinta son: Santi Almuíña, do restaurante Colón; Nardo Eiroa, de Canedo Brasería; Bruno Pena, de Oca Playa Foz; Alejandro Méndez, dos Cachivaches; Antonio Lorenzo, da Faragulla
Chantada; e Diego López, de Bulló Xantar. En canto aos produtores, aparece Adrián Sixto Trigo, de Embutidos Hermelino; Roberto Hernández, de Gallaecia Delicatessen; José Cuadrado, de Terras da Mariña; Antonio Ferreiro, de Artelac, e Miguel Neira, dos armadores de
Burela.

A produción, dirixida polo lucense Jaime Pardo Valdés, pasará a formar parte nos vindeiros tres anos da grella da cadea pública para vindeiras difusións, en diferentes días da semana e horarios, incluíndo as franxas de prime time. Tamén estará dispoñible á carta na plataforma da compañía de Radio Televisión Española.

 


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com