Santiago Besteiro gaña o “Premio Nacional de Artesanía”

O obradoiro de coiro de Santiago Besteiro (Monterroso) recibiu o galardón na categoría de Emprendemento, ao que tamén optaba o obradoiro de tornería Vikensen (Tomiño), ambos os dous pertencentes á marca Artesanía de Galicia.

Santiago Besteiro Design dedícase ao deseño, desenvolvemento e elaboración de pezas artesás de alta calidade realizadas con materiais naturais e biodegradables. O seu traballo céntrase no coiro combinado con outros materiais como a pedra ou a madeira, primando a investigación con novas formas e materiais, un deseño simple e funcional e buscando ofrecer os máis altos estándares de calidade. No obradoiro mantén dúas liñas de produtos: por unha banda, á marroquinería e, pola outra, pezas escultóricas e dedicadas á decoración de interiores. Actualmente, traballa realizando prototipos e investigación de novos produtos para clientes coma Loewe, que en xuño deste mesmo ano 2022 presentouno no Salón do Moble de Milán como novo artesán colaborador.

O obradoiro de Santiago Besteiro está recomendado pola guía dixital Homo Faber, que destaca a excelencia da artesanía europea, e da guía dixital España Artesana, impulsada pola Asociación Contemporánea de Artes y Oficios, que destaca os mellores artesáns de España. Na súa curta traxectoria foi xa finalista en tres ocasións dos Premios Artesanía de Galicia (2020, 2021 e 2022) e do European Craft Prize 2021.

A calidade e a distinción da Artesanía de Galicia está cada vez máis presente nos Premios Nacionais de Artesanía. Desde a súa creación no ano 2006, o sector artesanal galego, incluídas as entidades públicas e privadas que o apoian, teñen recibido 13 premios e unha mención especial, ademais de ser finalistas en numerosas ocasións.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com