Novas

Parroquia de Nadela. Waze.map.

44 paroquias lucenses ven mellorada as infraestruturas viaria e lumínica

A través do departamento de Cohesión Social e Territorial, foi elaborado un plan de traballo en 44 parroquias pertencentes a diferentes zonas rurais do concello de Lugo. Nestas xornadas están a ser realizadas as tarefas, entre as que figuran a reposición de fundidos ou a instalación de alumeado eléctrico, así como a limpeza de cunetas ou de canalizacións.

Segundo expón nun comunicado de prensa o departamento, a iniciativa busca “mellorar a seguridade viaria no ámbito rural do noso municipio, cunha iluminación adecuada e tamén incorporando a sinalización ou os espellos que garanten esa seguridade para condutores e peóns, que nos traslada a propia veciñanza”.

Sobre as tarefas en relación á instalación lumínica, estas están a ser realizadas nos lugares de Ombreiro, Nadela, Pías, Soñar, O burgo, Santiago de Saa, Meilán, A Louzaneta, Rubiás, San Vicente de Pedreda, Bazar, Romeán, Piugos, Bosende, Bocamaos, Coeses, San Salvador de Outeiro, A Campiña, San Pedro de Mera, San Xoán do Alto, Astrar, Santa María de Muxa, Benade, A Ponte e Barbaín.

Noutra liña de accións, referentes ao mantemento da balización viaria e a contorna das carreteras, outras 18 parroquias están a ser atendidas mediante desbroces e colocación de sinais.

Cartaz “Premio Son Muller” 2024. Fonte: Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo.

Emprendemento feminino, no rural ou urbán, será recoñecido este venres

O Círculo das Artes, na Praza Maior de Lugo, acolle este venres, 13 de decembro, a gala dos recoñecementos acollidos no “Premio Son Muller” da presente, e séptima, edición. Os premios están organizados pola Asociación de Mujeres Empresarias da Provincia de Lugo (AELU), cos que buscan recoñecer o papel feminino no tecido empresarial de todo o territorio, abranguendo as zonas pertencentes ao rural así coma as do urbano.

As inscricións para optar aos diferentes recoñecementos estiveron abertas ata o pasado 28 de novembro. O xurado está conformado pola Xunta Directiva de AELU, quen será o encargado de repartir as dotacións económicas repartidas para cada categoría, sendo estas: ‘Son Emprendedora 2024’, ‘Son Empresaria 2024’ e ‘Son Empresaria Rural 2024’. En cada unha, serán repartidos dous recoñecementos de 1.000 e 500 euros, respectivamente.

Algunhas das premisas que segue a avaliación son a experiencia, a creatividade ou a proxección de crecemento nacional e internacional. Ademais destes galardóns, será cedido un recoñecemento especial a unha empresaria lucense ligada ao eido social e económico do territorio lucense.

Junta Directiva Adace. Fonte: sitio web Adace.

O tecido lucense para as persoas con dano cerebral adquirido Adace é recoñecido pola Xunta

Este luns, 9 de decembro, a directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, realizou unha visita ás instalacións da asociación de Dano Cerebreal Sobrevenido (Adace) xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias. Durante o encontro, puxo en valor o traballo realizado polos profesionais da entidade, así como da entorna familiar, para a integración en todos os ámbitos sociais.

Foi achegado, dende a representante institucional aos membros da entidade, o compromiso da Administración galega para continuar o apoio ás iniciativas que agromen dende o tecido asociativo e que busquen a mellora da calidade de vida dos usuarios. Segundo destacou Abeijón, a Consellería de Política Social e Igualdade destinou durante o ano pasado máis de 176 millóns de euros ao coidado e atención das persoas pertencentes ao colectivo.

Identidade visual Pekecha.

Catorce anos de liderazgo no eido dixital para a firma pontenovesa Pekecha 

Con sede no concello lucense de A Pontenova, a axencia Pekecha chega aos catorce anos dende a súa conformación manténdose como líder na xestión da comunicación dixital de empresas de todo o territorio galego. As áreas chave nas que está especializada esta marca son o Social Media, E-commerce, a marca persoal ou a formación. Entre as súas filosofías, como máximas destacan a oferta de teletraballo así como de conciliación.

A través dun comunicado, reafirma o seu compromiso coa terra e o próximo, apostando por empresas locais e impulsándoas dende o desenvolvemento de estratexias de difusión e presencia web óptimas para cada caso, sexa institucional ou empresarial. A nivel Galicia, converteuse nun referente indiscutible.

Verónica Ramallal Trevín, CEO da axencia, é unha das finalistas dos “Premios Son Muller” desta edición. A emprendedora, na convocatoria, é posible que sexa recoñecida como Mujer Empresaria Lucense 2024.

Foto gañadora da edición de 2023 (Lina Iglesias Forneiro).

Fotografía das paisaxes do Miño e Os Ancares será premiada con 1.600 euros

Contando como última data o 20 de xaneiro do 2025, está aberta a convocatoria do “VIII Concurso de Fotografía das Reservas da Biosfera”, impulsada dende a Deputación de Lugo. A iniciativa busca poñer en valor o patrimonio etnográfico material existente nas Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses, tal como titula o lema da edición presente. Os autores das imaxes galardoadas serán receptores dun total de 1.600 euros, distribuidos en 800, 500 e 300 euros seguindo a clasificación dos tres recoñecementos que serán realizados por parte do xurado.

A liña temática perseguida busca promover as actividades de lecer en espazos abertos, centrándose nos sendeiros cos que contan devanditos territorios lucenses e descubrir a riqueza do patrimonio natural e cultural da provincia.

Cada participante pode presentar a súa proposta, enviándoa ou entregándoa no Rexistro Provincial do Pazo de San Marcos, cunha imaxe como máximo, que non fose presentada en edicións anteriores. As fotografías presentadas deben estar centradas en elementos representativos do patrimonio etnográfico, como poden ser canastros, muíños, aceas, lavadoiros, fontes, pontellas, cortíns, pallozas ou outras construcións tradicionais.

Museo Provincial de Lugo. Foto libre de dereitos de uso.

Catedral e Museo Provincial, a oferta guiada da SECAL 2024

A presente edición da Semana de Exaltación da Cultura e da Arte de Lugo, impulsada dende a Asociación de Empresarios Lugo Monumental, oferta a realización de visitas guiadas a puntos emblemáticos do casco histórico da cidade. A través de catro roteiros calendarizados, abren á inscrición dos interesados a participación nunha visita á Catedral de Lugo e tres ao Museo Provincial de Lugo.

A primeira, baixo o nome “Los paisajes en la Catedral de Santa María de Lugo” e no que se visualizarán as paisaxes existentes dentro da basílica, está programada para este martes 10 de decembro, ás 17:00 horas da tarde. Para os días 11, 12 e 13, coa hora do reloxo para o encontro ás 18:00 da tarde, serán guiados seguindo a temática “Iconografías, símbolos ocultos e máis rarezas do Museo Provincial de Lugo” os grupos inscritos dentro das instalacións do Museo Provincial.

As reservas de praza para as citas poden ser realizadas, ata cubrir os cupos, a través do correo electrónico asociacion@lugomonumental.es ou mediante mensaxe de WhatsApp ao número 644 63 74 44.

Cartaz concentración. Fonte: Muface.

Muface convoca para este mércores unha concentración na rúa Irmáns Vilar Ponte

Muface vén de convocar, para este mércores 11 de decembro, unha concentración ás 11:30 horas da mañá diante das diferentes sedes do organismo público de toda España. No caso de Galicia, o posicionamento dos funcionarios en protesta dos suspensos e retrasos de citacións médicas terá lugar en catro das cidades principais, sendo estas Vigo, Ourense, A Coruña e Lugo.

Na provincia lucense, a concentración terá lugar ante a Sede do Servicio, no número 8 da rúa Irmáns Vilar Ponte. Entre os participantes, figurarán representantes dos sindicatos CCOO, UGT, ANPE, Adide, USIE, UFP, SUP, Acaip e SIAT. Pola tarde, os colectivos teñen planificadas outras concentracións na capital española así como nas capitais de provincias de todo o territorio.

Rúa Bolaño Rivadeneira. WazeMaps.es.

Modificado, dende o luns, o sentido do tráfico no centro histórico de Lugo

Debido aos traballos realizados no tramo superior da rúa Bolaño Rivadeneira, no marco do proxecto Estratexia Corazón Verde, a partir deste luns 9 de decembro será habilitado un novo plan de tráfico no centro histórico de Lugo, concretamente entre Bispo Odoario e a Praza do Ferrol. Os vehículos que accedan por esta primeira rúa, sairán por Rúa Nova á Ronda da Muralla, mentres que os vehículos de obra que sirvan a este proxecto terán de entrada e saída por Rúa Nova con Ronda da Muralla. Para o acceso ao centro, será regulado o tráfico por operarios sinalistas co obxectivo de manter a seguridade vial.

Os vehículos procedentes de Santo Domingo e San Marcos seguirán baixando pola rúa Amor Meilán Quiroga Ballesteros-San Froilán-San Fernando, de tal forma que xa non irán pola Rúa Nova. Así, os vehículos circulantes nesta diminuirán en comparación a ocasións anteriores.

Presentación ‘Salus Lugo’.

‘Salus Lugo’ formará a vinte lucenses no ámbito sociosanitario para a atención de persoas en situación de dependencia

A partir do 13 de decembro, será desenvolto o obradoiro dual de emprego ‘Salus Lugo‘, que formará a vinte lucenses nos ámbitos sociosanitario e socioeducativo para a atención a persoas en situación de dependencia integradas en institucións sociais, así como a intervención con persoas con diversidade funcional. A formación conta cunha subvención autonómica de 421.000 euros, dirixidos dende Dinamización Económica do Concello.

O obradoiro será desenvolto nas dependencias do CEI Nodus e será complementado con traballo efectivo nos centros da Asociación de Pais ou Titores de Persoas con Discapacidade Intelectual (Aspnais), Cogami Lugo e San Vicente de Paul. O alumnado, xa seleccionado, son persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia e terá unha duración de nove meses. Os participantes serán remunerados co salario mínimo interprofesional.

Presentación calendario Nadal. Fonte: Concello de Cervo.

O Concello de Cervo presenta o seu programa navideño para todos os públicos

Este sábado, 7 de decembro, arranca o calendario festivo de Nadal no concello cervense, presentado como unha oferta pensada para todos os perfís e públicos. Para esta tarde, a partir das 19:00 horas, está programada a representación na Casa da Cultura a representación da obra Vaites, Rapariga! de Tarabela Creativa, para o público maior de 16 anos.

A partir das 10:00 horas do día 14 de decembro, a Praza do Souto será o escenario do Mercado de Nadal, da man da Asociación Airiños do Xunco. Artesanía, alimentación, sorteos ou música son algúns dos atractivos que serán postos a desfrute de todo lucense ou visitante.

O calendario lúdico chega ata o día dos Reis Magos, coa cabalgata pertinente. Entre as outras xornadas, cabe destacar a realización dunha Festa Acuática, o día 2 de xaneiro, ou a realización de diferentes actividades para a facilitación da conciliación familiar durante o Nadal, como Cervo Concilia.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com