Novas

A Xunta deixará á vista a escaleira do cubo LXXI da muralla na  praza de Ferrol

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude decidiu deixar visible a escaleira recentemente escavada no cubo LXXI da Muralla, e está traballando no proxecto para determinar a protección que instalará tanto para a súa conservación como para a seguridade das persoas.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, explicou que se adoptou esta medida tras valorar distintos factores, entre os que destacan o bo estado de conservación e as súas dimensións, xa que se trata dunha das máis grandes atopadas no monumento. Tamén se tivo en consideración a situación, xunto ao ascensor de acceso ao adarve, o que facilitará a visita por parte de todas as persoas interesadas.

Nas vindeiras semanas executarase esta actuación, que complementa as obras levadas a cabo no lenzo interior do cubo LXXI. Arias sinalou que a Consellería está investindo máis de 450.000 euros neste punto e na restauración do cubo XVIII, en ambos casos para resolver problemas de filtración de humidades.

Inicialmente estaba previsto realizar a escavación arqueolóxica e os traballos precisos para impermeabilizar e asegurar os muros, proceder á documentación

Os mellores magos do mundo reúnense en Lugo na gala internacional “Galicia Ilusiona”

Esta mañá presentouse unha nova edición da Gran Gala Internacional de Maxia Galicia Ilusiona que se desenvolverá o venres 18 de outubro no Auditorio Gustavo Freire de Lugo e que conta co apoio da Xunta de Galicia. Na presentación interviñeron tamén os directores da iniciativa, os magos Dani Polo e Pedro Bugarín.

A gala reunirá a algúns dos mellores e máis premiados ilusionistas do mundo: Mago Murhpy (España) que exercerá de mestre de cerimonias do espectáculo, Jerome Murat (Francia), Kimoon Do (Corea do Sur), Lore Lavand (Arxentina), Nestor Hato (Francia) e o dúo Ramó and Alegría (España). Haberá dous pases, ás 18.30 e ás 21.00 horas.

O Delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, destacou o traballo realizado polos organizadores do Festival Mundial de Ilusionismo Galicia Ilusiona para “poñer a Lugo e a Galicia no foco do ilusionismo mundial durante o mes de outubro, brindándonos a oportunidade de ver sobre o mesmo escenario aos magos e magas máis premiados a nivel internacional”. Lembrou ademais o éxito acadado nas dúas anteriores edicións do certame, nas que 70.000 espectadores desfrutaron da programación despregada en toda a comunidade.

As entradas para acudir á Gran Gala Internacional de Maxia poden adquirirse a través da web oficial do evento (https://galiciailusiona.es/).

Os cines Codex estrean esta tarde o filme “Alas Brancas”

O filme “ALAS BRANCAS” que se poderá ver nas pantallas dos Codex Cinema a partir deste xoves 10 de outubro, é a segunda parte do exitoso fenómeno Wonder. Un filme no que o seu director, Marc Foster, toca a fibra sensible a través da súa mirada sinxela, con dramatismo pero sensibilidade narra a historia dunha adolescente xudeu agochada na palleira dun compañeiro de escola.

Sinopse:  Julian loita por pertencer a un grupo desde que fora expulsado do seu antigo colexio por maltratar a Auggie Pullman. Para transformar a súa vida, a súa aboa revélalle a súa propia historia de valentía: na súa mocidade na Francia ocupada polos nazis, un mozo protexeuna arriscando a súa propia vida. Os dous atoparán o primeiro amor nun asombroso e máxico mundo creado por eles, mentres a nai do rapaz intenta por riba de todo mantelos a salvo.

A outra estrea da semana será maña venres e é “A SUBSTANCIA”, un filme salvaxe e inusual protagonizado por unha brutal  Demi Moore nun dos seus mellores papeis.

Sinopse: Elisabeth Sparkle é unha actriz que xa pasou os momentos de éxito e comeza a ver como o seu recoñecemento profesional e económico minguan de xeito alarmante, xa non a contratan nin ofrecen papeis interesantes. Entón entra nunha espiral de desesperación. Pero, por unha serie de circunstancias, atopa unha sustancia que lle ofrece un produto revolucionario baseado na división celular que crea un alter ego máis novo, máis fermoso e máis perfecto. E unha sustancia que lle garante:  “ti, pero mellor en todos os sentidos”.

Catro ríos da provincia en risco de desbordamento tralo paso da borrasca Kirk

Tralo paso da borrasca Kirk que deixa un regueiro de incidencias na provincia, como caídas de árbores, desprendementos de terra, pedras e tellas de edificios, dende o Plan de seguimento e control dos caudais dos ríos (IMELGA) alertan que catro ríos da provincia están en alerta por desbordamentos. Os ríos son: Landro, Ladra, Masma e Ouro.

Debido a esta situación, debese reducir o paso e a presenza tanto de persoas coma de vehículos á beira destes cursos, así como abandonar calquera actividade fluvial que poida comprometer a seguridade.

Entre as incidencias da provincia cabe destacar o desprendemento do falso teito da entrada dun colexio en Monforte de Lemos que por fortuna non ocasionou danos persoais, así como inundacións na rúa Serra de Meira en Lugo capital.

O Concello reanuda as actividades de San Froilán a partir das 18:00 horas tras o paso da borrasca Kirk

A área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo informa que, tras a finalización da alerta polo paso da borrasca Kirk, as actividades programadas para as festas do San Froilán serán reanudadas.
 
A programación ao aire libre dará comezo ás 18.00 horas da tarde. Con todo, a actividade ‘PASMO DE PEDRA’ programada ás 17.00 horas na praza Maior pasará a realizarse na carpa do recinto do San Froilán Miúdo no seu horario previsto.
Foto: Pixabay

Alegacións do Alcalde de Becerreá á Deputación de Lugo sobre a residencia

Manuel Martínez Núñez, Alcalde de Becerreá, ao abeiro do disposto no Regulamento Orgánico da Deputación Provincial de Lugo, presenta as seguintes alegacións o acordo desta institución aprobado o día 24 de setembro, que dí:

PROPOSTA PARA A APROBACIÓN DO INICIO DO EXPEDIENTE DE ACTIVIDADEECONÓMICA E RÉXIME XURÍDICO DO CENTRO DE ATENCIÓN A PERSOAS MAIORES DE BECERREÁ. 2024/XEN_01/002617

Pablo Rivera Capón, en calidade de deputado delegado da Área de promoción Económica e Social, en relación co asunto de referencia expón:

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo en sesión ordinaria realizada o venres12.04.2024, acordou por unanimidade o impulso da posta en marcha do centro de atención a persoas maiores de Becerreá.

O 13.09.2024 dende Benestar Social e Igualdade emitiuse un informe co CSV IV7UY2SDJROKKSMCYJFR4APRK4x, no cal concluíase que era necesario para a posta en marcha do centro de atención a persoas maiores de Becerreá, entre outros, aprobar a actividadeeconómica e o seu réxime xurídico conforme á Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local; designar a comisión de estudio conforme ao Real Decreto Lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentesen materia de Réxime ; e someter a participación dá cidadanía conforme a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas.Tendo en conta o exposto, proponse ao Pleno da Deputación de Lugo dar aprobacióna:

– Designar dunha Comisión de estudio conforme ao Real Decreto Lexislativo 781/1986,do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local, coa seguinte composición:

– Dous deputados/as delegados/as do Goberno da Deputación de Lugo.

– O secretario Xeral da Deputación de Lugo ou persoa na que delegue.

– A interventora da Deputación de Lugo ou persoa na que delegue.

– A xefa do Servizo de Contratación e Fomento ou persoa na que delegue.

– A xefa do Servizo de Recursos Humanos ou persoa na que delegue.

– A xefa de servizo de Benestar Social e Igualdade ou persoa na que delegue.

– Unha traballadora social de Benestar Social e Igualdade.

 

– Acordar o inicio do expediente de aprobación da actividade económica do centro de atención a persoas maiores de Becerreá, conforme a Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local.

– Someter a consulta pública previa, por un prazo de 20 días hábiles, a participación dá cidadanía conforme ao establecido no art. 133 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas co obxecto de dar audiencia aos cidadáns afectados e recadar cantas achegas adicionais poidan facerse por outras persoas ou entidades.

Este Concello non pode menos que sorprenderse, de que despois de casi tres anos de rematada a Residencia Comarcal de Becerreá, se proceda a constituir unha Comisión de estudio, para a posta en marcha da mesma, o que desde a noso punto de vista é un novo número circense para colocar a rede, probablemente, ante a demanda xudicial interposta por este Concello, aparte de ser unha tomadura de pelo eunha falta de respecto aos veciños/as de Becerreá e a súa comarca.

E tamén nos sorprende, a rapidez da súa constitución, ¿será pola presentación de

máis de 2700 firmas da Plataforma e o seu anuncio de solicitar participar na mesma?. Como poden apreciar non creemos nos seus anuncios, queremos FEITOS:

Porque esto chega despois de todo tipo de desculpas e inacción , despois de case tres anos SIN FACER NADA, NIN A DEPUTACIÓN, NIN O PRESIDENTE, NIN O DEPUTADO DELEGADO, NIN O PSOE, NIN O BNG, que por certo é o que ten a postura máis clara, nunca apoiou a construción desata RESIDENCIA COMARCAL na Montaña, nin lle pareceu ben a firma do Convenio entre a Deputación e o Concello de Becerreá, polo menos son claros, aínda que no programa electoral para as municipais pasadas, levaban en lugar preferente no seu programa: “apertura inmediata da Residencia”, o triste é que acusan aos outros de enganar, e…..

Algo parecido lle ocorre o Grupo Provincial Socialista, que en cada intervención vai cambiando a V. O. (versión orixinal) e non se acordan que a maioría dos Deputados deste grupo, firmaron e apoiaron o Convenio, ao que agora dan largas, iso si culpable do retraso:

1.-Alcalde Becerreá, (non prever no proxecto o centro de transformación – por certo encargado, supervisado e revisado por tres Presidentes e funcionarios Deputación, (nunca se incluíron nos proxectos de residencias e outros feitos nesa entidade, non obstante despois de dous anos contratado aínda non esta en servizo, que por certo en escrito a esa Presidencia, comprometíase a dimitir, si esa fora a causa, tan pronto entrara o primeiro residente-

2.- A pandemia, o Covid, que paralizou os proxectos, da Deputación, pero solo o de Becerreá.

4.-¿Que vai facer Xunta? como non a rematen, nada, porque non pode dar o PIA, MENTRAS NON ESTE TODO O QUE FALTA EN ACTIVO, E SI O DEMORAN SERÁ O MOMENTO DE BOTARLLES EN CARA ESE PRESUNTO RETRASO.

4.- SUPLUSA E O SEU PRESIDENTE, á  sazón tamén alcalde de Becerreá, cando en ningún momento apareceu ou tomou acordo algún SUPLUSA sobre esta Residencia, pero sí os tres últimos presidentes socialistas da Deputación Provincial de Lugo.

A guerra de Ucrania…..,  Que Europa non quere este tipo de Residencias…., en fin, medias verdades, con manipulacións e mentiras.

E a ultima: esta Comisión de estudio e supoñemos que a invasión de Gaza, tamén. E triste ter que escoitar todo isto, cando o que debería de primar en responsables públicos e partidos políticos –BNG/PSOE,- que se din defensores do rural e dos servicios no mesmo, leven tres anos condenando a unha comarca, A Montaña, con unha poboación envellecida e dispersa (que leva desde 1983 demandando e esperando este servizo) a seguir solicitando prazas deresidencia, por todo Galicia.

Vostedes piden a outras administración, reiteradamente: “RESPETO INSTITUCIONAL”. ¿Onde esta ese respecto despois de firmar un Convenio co Concello de Becerreá, que dí que cando unha das partes pida a convocatoria da Comisión de Seguimento , esta reunirase? . Este Concello, pola vía administrativa SOLICITOULLES CINCO VECES NOS TRES ÚLTIMOS ANOS, que esta se reunise, estamos esperando . Non foron capaces de convocala e dar aí as explicacións políticas, si as tiveran, que teñan que dar ,¿falta de argumentos? ¿desidia ou cobardía política?.

Ademais, no pleno dos presupostos celebrado o ano pasado, para aprobar definitivamente o presuposto deste año , 2024, segundo consta na acta a entón Deputada delegada, Dª. Mayra García Bermúdez, da Área de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, manifestou o seguinte, e citamos textualmente a nota prensa da Deputación, na que expoñía que:

Parece ser nos remanentes deste ano 2023, teñen unha cantidade e citamos textualmente a nota prensa da Deputación:“ O presuposto saíu adiante, pois, seguindo o informe do servizo de Intervención, desestimáronse as dúas únicas reclamacións presentadas ao mesmo durante o período de exposición pública -unha polo Alcalde de Becerreá e outra pola Plataforma Pro Residencia da localidade-, dado que “xa existe crédito orzamentario para dotar de equipamento e seguir avanzando cara a apertura do centro coa incorporación de remanentes”.

Así o explicou a Deputada de Economía, Recadación,

Facenda e Especial de Contas, Mayra García Bermúdez, quen, aludindo ao informe de Intervención, lembrou que o convenio de colaboración entre a Deputación e o Concello de Becerreá para a construción da residencia contempla a aplicación das baixas das licitacións ao propio centro, e que “os remanentes á data actual ascenden a 1.318.781,98€”. Así mesmo, “existe unha dotación de 300.000€ no Orzamento dispoñible de ser preciso”.

Informe de intervención, por certo, que certifica REMANENTES para este ano, 2024 ,(para que o Grupo de goberno : BNG-PSOE- salga do lodeiro no que esta metido ) sen facer a LIQUIDACIÓN DO PRESUPOSTO, en fin, cousas veredes.

A pesar desta información/afirmación, que demostra a falta de ética e o recurso a mentira do Grupo de Goberno, pois nada se fixo, e seguen pendente desde fai mais de tres anos de rematadas as obras , os tramites que permitirían abrir a Residencia en breve seguen asi:

– A INSTALACIÓN DE SUBMINISTRACIÓN ELÉCTRICA, iniciadas as obras o pasado mes de xullo, sigue sen dar de alta, segundo se indicou no Pleno. e, a estas alturas, non esta instalada a COCIÑA, nin se sabe cal se vai a colocar…. Non iniciaron os trámites para licitar e adxudicar o contrato para a instalación do equipamento do centro Residencial, que se podería haber feito coa suficiente antelación, para o recibir a obra rematada iniciar o amoblamento.

Pasos que consideramos deberían de ser previos – convocando a licitación dos mesmos – a esta Comisión de estudio, contando ademais que segundo o Convenio para a súa construción as baixas da mesma, – aproximadamente un millón € neste momento -deberían de destinarse a estes fines. Por todo elo.

Este Concello presenta as seguintes alegacións, conforme ao establecido no art. 133 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas co obxecto de dar audiencia aos cidadáns afectados e recadar cantas achegas adicionais poidan facerse por outras persoas ou entidades:

– Convocar a Comisión de Seguimento prevista no Convenio a maior brevidade posible.

-Que o Concello este representado na Comisión de estudio.

-Que a Plataforma veciñal “PRO APERTURA RESIDENCIA COMARCAL DE BECERREÁ” forme parte da mesma.

Que se acouten os prazos de funcionamento da Comisión de estudio, para que non se dilate no tempo.

Becerreá, 7 de outubro 2024

O Alcalde

Manuel Martínez Núñez

ILMO. SR. PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO.

A Plataforma proresidencia de Becerreá  pide formar parte da Comisión de estudio designada pola Deputación para a posta en marcha de dita residencia

A Plataforma proresidencia presentarou perante o rexistro da Deputación de Lugo candaseu escrito, solicitando formar parte da Comisión de Estudio que a Xunta de Goberno da Deputación en sesión ordinaria aprobou para o impulso e posta en marcha do centro de atención a persoas maiores de Becerreá.

A Comisión designada polo ente provincial, estará formada por:

Dous deputados/as delegados/as do Goberno da Deputación de Lugo. O secretario Xeral da Deputación de Lugo ou persoa na que delegue. A interventora da Deputación de Lugo ou persoa na que delegue. A xefa do Servizo de Contratación e Fomento ou persoa na que delegue. A xefa do Servizo de Recursos Humanos ou persoa na que delegue. A xefa de servizo de Benestar Social e Igualdade ou persoa na que delegue e unha traballadora social de Benestar Social e Igualdade.

Na solicitude  que presenta a Plataforma, pide ademais que a Plataforma, conte tamén cun representante en dita Comisión. E solicítano “ao abeiro do disposto na Lexislación de Réxime Local vixente, e conforme ao establecido no art. 133 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas co obxecto de dar audiencia aos cidadáns afectados e recadar cantas achegas adicionais poidan facerse por outras persoas ou entidades”.

des”.

O Concello pecha os parques e suspende as actividades ao aire libre do San Froilán ata maña pola tarde

O Concello de Lugo informa de que a partir deste martes ás 17:00 horas e ata o mércores ás 18:00 horas procederá ao peche dos parques da cidade ante a chegada dos restos do furacán Kirk que podería deixar refachos de ata 100 km por hora e que afectarán a toda Galicia. Así mesmio, as instalacións deportivas descubertas pecharán desde hoxe ás 16 horas ata mañá ás 18 horas. Asemade quedan suspendidas todas as actividades ao aire libre do San Froilán dende hoxe ata mañá ás 18:00 horas.

A previsión meteorolóxica prevé rachas de vento de ata 100 Km/h, o que fixo que se declarase o nivel amarelo de emerxencia entre as 18:00 de hoxe e as 08:00 de mañá, xoves 08, e que se poderá extender ata as 17:00.

O Concello toma estas medidas para garantir a seguridade da cidadanía ante este fenómeno meteorolóxico adverso que será de nivel amarelo dende as 18:00 horas do mércores ata as 08:00 horas do xoves, e que podería extenderse con nivel laranxa ata as 17:00 horas deste mesmo día.

Dende Transición Ecolóxica explícase que operarios dos servizos municipais precintarán, por tanto, os parques de Rosalía de Castro, Frigsa, Paxariños, Marcos Cela, quedando prohibida a entrada aos mesmos dende ese momento. Asemade a área de Cultura comunicará calquera cambio que se teña que producir no programa de Festas segundo avance a previsión meteorolóxica.

Ademais, faise un chamamento á cidadanía para pedirlle que respecten estas limitacións, evitando correr riscos innecesarios para non poñer en perigo a súa seguridade.

 

 

Palabra de Rei

En foto de hai 48 anos podemos ver ao bispo de Lugo, Ona de Echave, asperxendo a Juan Carlos e Sofía, Reis, na porta norte da Catedral de Lugo, ante a mirada atenta de José Ferro. Eran tempos nos que “palabra de Rei” significaba firmeza nos tratos das feiras, e o último recurso para obter rebaixa era apelar a “non terás palabra de rei…”. Agora, a saber que significa, vindo de escoitar a palabra do Emérito coa da señora Rey, en oprobiosa conversación desacougante.

Oir – se é falsificación, está moi ben feita – ao en tempos venerado persoeiro e á artista entrecruzarse “meu amor” ou “miña vida”, non é para cincelar en pedra por quedar no evanescente terreo das relacións personais aínda que trascendan máis aló, pero abochorna o que dos diálogos se entende. Que quen antes era Maxestade ousase comentar coa interlocutora temas institucionais é preocupante, porque hai asuntos que teñen un determinado ámbito de expansión, e se se comparten cunha relación extraña e desaxustada coma esta rebasa a imprudencia e colócase no ridículo.

Que na cama se producen confidencias, a ninguén que ande polo mundo pode extrañarlle. O, que repugna neste asunto é ter que fixarnos en Zorrilla (o escritor), que pon na boca do Tenorio o seu complexo itinerario amoroso dos pazos ás cabanas, para deixar nel “memoria amarga”. Que caros nos resultan a todos, e non só en diñeiro, os desafogos amorosos do noso outrora respectado conductor, que no 1976 encantou aos lucenses co seu estar e ser.

Sorte que os fillos non teñen por que herdar todos os bens e atributos de seus pais. E quizais aínda poidamos seguir confiando na “Palabra de Rei”.

O recinto feiral abrirá o 13 de outubro con prezos reducidos

O Concello anunciou que o recinto feiral abrirá un día máis, é dicir, o domingo 13 de outubro logo de escoitar a solicitude dos barraquistas.

A proposta supón ampliar a apertura dos postos do recinto feiral, ofrecendo un prezo reducido tanto nas atraccións para persoas adultas como nas infantís.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com